ENCONTRO EN POESIA NA FRAGA DE CATASOS (IV ENTREGA).

Nova entrega, nesta ocasion xa IV entrega  doutros cinco poemas, de cinco poetas mais dos que xenerosamente se sumaron ao acto, encontro en poesia pola Fraga de Castasos, "A Fraga Bonita", o pasado Domingo dia oito de Novembre, dentro do IV encontro  de poetas e artisas,....VICENTE ARAGUAS, MANUEL PATINHA...TERESA ROMERO....CONSTANTINO REGUEIRA, E NEVES SOUTELO.No marco incomparable da Fraga, onde deixamos as nosas pegadas en forma de palabras e versos, e o noso desexo reivindicativo de salvar a nosa fraga da especulaciòn, o poder dos cartos, e a forza irracional dos poderosos, neste caso o desexo de Union Fenosa, de arrasar a fraga para a instalaciòn dunha liña de alta tensiòn...










VICENTE ARAGUAS
EXPOÑO CANTO SINTO

                                                            A Eva Veiga

Falo galego tal como cantan os paxaros
                                                  ou teñen raias os tigres e as cebras
                                                  como fan a roda os pavos reais
                                                  no parque veciño ou brillan estrelas
                                                  esta noitiña no ceo de xaneiro.
                                                  Fáloo coa mesma naturalidade
                                                  con que dous se queren ou deixan ir
                                                  o amor polo río abaixo e volver
   quererse e así sempre, sempre, sempre.
        Fáloo e vou falalo aínda que non quedemos
                                                  máis que o canto dos paxaros, as raias
           dos tigres e das cebras, os brillos das estrelas
    e o coro de loucos que levan cantar á lúa
                                                  en galego. Cantándolle en galego.

VICENTE ARAGUAS
Ferrol, días de Nadal de 2014



CONSTANTINO REGUEIRA.
QUE O SAIBADES
Catasós, fraga senlleira.
Documento vivo de
agarimosos tempos.
Testemuña foron as túas follas
de teixugos enxebres, donicelas e raposos,
dos xogos amorosos de D. Lobo
e de tantos compañeiros respectuosos.
Pero a hora chega en que,
como Unha bicha silandeira
a besta teima con veleno e con pezoña
romper a túa memoria en mil anacos,
derrubando, electrocutando con desprezo
a casa común de tanta vida.
Xuntamos hoxe aquí o noso esforzo
 a nosa loita común
polo que somos,
pola causa que ennobrece o noso berce.
Berce que foi e quere  ser,
terra de fragas, prados, ríos
montes e  vales
en eterno abrazo coa súa xente.
Non e non, mil veces non....!
                 QUE O SAIBADES…
(Constantino Regueira).


NEVES SOUTELO
E así, un aire
de cinza e follas vellas
contórnanos 
e camiñamos.
Preferimos non voar
nestas ás sen pó e tatuadas e sen escamas
irisadas
man a man
ó contraluz na outonía
as nervaduras
do corpo
xacen nas cunetas á intemperie
os pés
cantan e dóense
predecidos polos pasos
os nosos ósos húmidos
pobóanse de crisálidas mortas
e as bocas
as nosas bocas comestas
de insectos comestas
de palabras - as nosas - comestas
de odio e agónicas e de desidia 
falan sobre os anos.
E a cinza e o aire e a casa e as follas 
contórnannos e 
non voamos e 
so queremos estas ás rotas e a perda e a fraga e o camiño.
(Mª.Neves Soutelo.)


Manuel Patinha
Aire suspenso

Porque no preguntas
donde han dejado estrellas huérfanas
buen puñado de centellas
que por las noches asoman a miles de ojos
con la idea de alumbrarlos un pellizco.

En tan solo un momento hacen radiar
la calidez que filtra oscuros conductos
en interiores remojados
lugares apartados de la fauna urbana
que arriban a ensenadas de entresuelos.

Anónimos rostros pétreos
cincelados por vahos tempraneros
los que rompen el tiempo impenetrable
descubriendo fascinantes magnitudes
y llevando a galope corceles de filigrana.

Por eso no dejes de preguntarme
hazlo con decisión y voz que timbre
tarea que non sea ardua de tetas rellenas
de montes verdeando y astros tejiendo
las mantillas que abrigan rosales.
©manuelpatinha2015


 

 TERESA RAMIRO

GARDA   A  FRAGA SEGREDOS...

A sombra 
acende a noite   
enquanto a lúa  ilumina o pranto.

Un laio desce
pola gorxa  da Fraga:
tan fermosa , 
tan frondosa , 
tinguida de outono
procurando ser ventre 
de folliñas verdes.

As nubes  sangran  silencios 
de páxaros exaustos 
que se entrelazan co vento 
nos camiños .Os segredos 
ben escondidos
atravesan  os troncos
enraizando na terra
e desaguando  nos  rios . 
 
(extrañas árbores  aéreas 
queren roerlle as entrañas
atravesando a súa  a sombra )

Cantarei seu pranto,
                                 sobre esta terra húmida :
                                                    o meu sangue.


Comentarios

Entradas populares