CARLOS NEGRO.-"Masculino Singular"

Cando eu era neno,recordo que miña nai reprendíame cando me vía cos ollos cheos de bágoas, e mancado, cos xeonllos  sangrando.
Angel, dicía, os homes non choran. Anos despois, home feito e dereito xa,  cando a perdín, chorei como nunca o fixera de neno, alí so, diante da súa lapida fría, sen importarme para nada quen me vira.
Hoxe lendo os poemas marabillosos e cheos de sensibilidade, dese feitizo máxico que tan so Carlos Negro coñece porque sae a borbotóns do seu baúl intimo e descoñecido, pensei na miña nai e recordei as súas palabras. Os homes non choran.¡
O Poemario de CARLOS NEGRO,...MASCULINO SINGULAR (Ed Xerais),Unha vez mais é como derramarse nas areas dunha praia solitaria, reconstruíndote a ti mesmo en soidade e sen mentiras nin medias palabras, sempre ao son da marea; os seus versos, pensamentos e reflexións. 


O que NON son:
NON son o principe azul das galletas de chocolate.
NON son o paquete de musculos dun filme de acción
NON son o sorriso galante que cede o paso na porta do ascensor.


"Masculino singular......é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario intimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.
Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos socias onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo".
Carlos racha en mil ínfimos anacos de papel branco, o mito da virilidade, o home "oso", canto mais feo, mais fermoso, para levar sobre as ondas bágoas salgades e negras da sensibilidade o concepto masculino-feminino en loita permanente por no ser, do que sae autentico, que non vitorioso, a persoa, o home/muller, nun todo complexo, compacto e único, sen o lastre do sexo e os condicionantes da hombría, ou da feminidade, estereotipos sociais que o único que fan é mancar, ferir, mutilar a capacidade de sentir, de crear, de ser, de posuír a vida, nada mais e nada menos.





O amante
nunca amosa acenos de seda.
O amante
nunca bica con bicos delicados.
O amante non ama:
é a besta dentro do labirinto.
(Aquel que escribe nos corpos con sangue)








Masculino singular é un berro no medio do deserto das anguria e ledicias que cheira a confusión, a división ou mesmo a exclusión en homes e mulleres, roles preconcibidos, estúpidos papeis repartidos polo director tolo desta obra escénica tra-las bambalinas do silencio interior no que ninguén é quen de enganar o seu único e verdadeiro ser, o que miramos no espello abafado do baño, e con quen temos que enfrontarnos cara a cara e sen mentiras cada novo dia. 
Masculino singular representa ler montado nun bambán, no que as veces sobes cara o baleiro do ceo, e as veces sentes que vaste esnafrar contra o can enlamado das congostras e corredoiras polas que devagar nos teus soños de persoa sen sexo, e sempre en poesía.
Non se pode pedir nada mais.
Angel Utrera.


Obras
Poesía
·        As laranxas de Alí Babá, 1998, Letras de Cal.
·        Far-west, 2001, Xerais.
·        Héleris, 2003, Espiral Maior. VII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu.
·        Cultivos transxénicos, 2008, Instituto de Estudos Miñoranos, I Premio de Poesía Victoriano Taibo.
·        Makinaria, 2009, Xerais.
·        Penúltimas tendencias, 2014, Xerais.
·        Masculino singular, 2016, Xerais.

Ensaio

Abelcebú, 2010, Positivas.


Premios
.VII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu no 2002, ex aequo con Alexandre Nerium, por Héleris.
·        I Premio de poesía Victoriano Taibo no 2008, por Cultivos transxénicos.
·        Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2014, por Penúltimas tendencias.
]
Ligazóns externas
·        Biografía en BVG
·        Ficha do autor na AELG


Comentarios

Entradas populares