martes, 26 de abril de 2016

DE SÚPETO.......



De súpeto
o silencio dos ruídos
nas escumas galopando.







Nos cumes das ondas
os fantasmas que morren
ao bicar as areas
de praias inventadas da 
memoria.



Lambidos na iriseina cegadora
dos brancos xemidos
diante da porta verde
das sereas,

en corpos de auga transformados.


Publicar un comentario