E DE SÚPETO O INVERNO (POEMARIO COLECTIVO).






E DE SUPETO O INVERNO, vaise presentar o vindeiro Venres dia 19 as vinte horas, no Casino de Lalin, no que estaremos acompañados de boa musica e aproveitaremos para dar espazo a palabra e os versos dos poetas.. Tratase dunha obra colectiva de poesia, nas que destacan as acuarelas de Xulio Garcia Rivas, e os  debuxos de Marisa Lozano, e fotografias de Angel Utrera










Poetas colaboradores deste “E DE SÚPETO O INVERNO......”
O Limiar Xose Vazquez Pintor (pax. 7/8)
O porque do poemario Angel Utrera (pax. 9)
Os Poemas
Marisa Lozano Fuego (pax. 13/18)
Baldomero iglesias (Mero) (pax. 19/25)
Teresa Ramiro (pax. 28/32)
Cristina Gende (pax. 33/39)
Paco Ledo (pax. 40/49)
Antonio Garcia Teijeiro (pax. 50/55)
Agurtzane Estrada (pax. 56/61)
Xose Garcia (pax. 63/65)
Diego Q.S. (pax. 66/69)
Alexander Vórtice (pax. 72/78)
David Otero (pax. 79/85)
Marisa lozano/Angel Utrera (pax. 86/87)
Romina Bal (pax. 88/93)
Miguel Alonso Diz (pax. 94/102)
Suso Diaz (pax. 103/112)
Angel Utrera (pax. 113/121)
Celso Fernandez S. (pax. 122-125)
Antom Laia (pax. 126/136)
Carlos Negro (pax. 137/145)
Acuarelas Portada e Interior de Xulio Garcia Rivas. (pax. 146-147).
Coordinador Angel Utrera.
En Galiza no cabo de Ano de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao,
7 de Xaneiro de 2017.





O LIMIAR
ABRINDO OS SISMOS
Que inútil fito eu a desmemoria porque estás / na cerna do carballo / a repetir os ecos: esa contorna de aves / que recitan de mañá. / E así me atopo contigo na mornura acesa: / minha senhor gastada de agardar. (Seara,2011. Espiral Maior. Poesía)
Vivir sen medos na Nosa Lingua xa é conforto. E velaquí estamos en horas felices de amor en alba para quen se achegue no camiño do Sol Noroeste dunha Terramar distinta ao mundo das pasarelas. Decembro está nas órbitas da paisaxe feliz en sol e auga, mancando os fríos e os resíos dos solpores e da noite densa e quilométrica que nos acarrexa e leva consigo cara o alustre e o fulgor da vida, en obra que nos cumpre en anos, séculos… Aínda non sabemos se os milenios son / serán de vez proteicos e felices fronte a comichura que nos varre a luz en obradoiro en que soñamos granito para sermos así nas idades do sol e auga, de terra e pan: camiño e compostura, a árbore dos mitos que aínda están aquí, coma sinal de espazos primixenios, onde as estrelas son de noso e chiscan a ledicia en cada vez. Unha noite solar que seica nos leva e que nos trae consigo os compromisos da palabra. Dixéronnolo as Nais canda o fulgor das tantas luces namorando a marabilla: ese confío de seguir abrindo espazos e cantigas luminosas que son identitarias da estirpe Noroeste, en infinitas veces das voces máis garridas cara ao mar que vai pra lonxe, namentres relampa e soña en Terra a Nosa Luz das Horas. Longa e feliz a Voz que nos namora no verso e sentimos de profundo os agarimos da palabra. Sermos Poesía en obradoiro de silencios e de sílabas que contan canda nós as avenidas do tráfico libertario que nos chifra nos prognósticos de aviso e manantíos se é que o soño pode. Semella ao lonxe unha ledicia do mencer que vai por dentro coma coma un bico da infancia. E tose o ceo. E pasan as nubes paseniño dando aviso e preferencias ás ledicias que son lonxe das idades. Xogamos nós. Íspese a solaina.



 E somos Elas / Eles nos eirados da Luz e da Memoria que non cesa e vai avante. Nace un Sol oblicuo coma un buxo no axexar da noite mailos días. Fortuna é! Cantan as rimas. Silencia a voz do rinoceronte feliz e libertario na espesura da chaira. Cantan os grilos co seu ritmo nas procuras do amor que soña vidas, paraísos do lecer, adolescentes do grilar no soño da fortuna. Velaí vai a voz da Risa e dos namoros. E o sapo canta en verso de acender a prudencia. Mais eu son aquel ninguén dos séculos de ouro e bronce: recaladas.
Ese aprendiz dos lóstregos que riscan o ceo da noite mailos días. A vida en obra. O belisco ousado e máis feliz na meixela amorosiña desta Noiva Terramar de Noso. O Poema, o Verso, a Luz. A triloxía.
Apágase a noite. Axiña vén e achega un asubío nos menceres: dona Ledicia Gallaecia Mundi, a Señora de Noso, que vai feliz de par, abrindo toda en vez e voz a Nova Luz e a Flor do Paraíso.
Xosé Vázquez Pintor
decembro 2016



O PORQUE... E de súpeto o Inverno.-
Amable lector, este poemario que tes agora nas túas mans, como obra colectiva de versos, túa e nosa; soños e palabras trata de escaravellar no subconsciente de todos nos camiñantes da vida, viaxeiros desta vida que vendemos e falarmos dese inverno no que de súpeto algunha vez todos nos estivemos agochados.
Mergulla libremente pois no seu interior coa xenerosidade dos que aman a palabra en verso transformada como se foras este descoñecido que chama a túa porta unha noite no inverno...
Se unha noite no inverno un viaxeiro
achegase a túa porta mais non chama.
Se unha noite no inverno
a chuvia non golpea na túa venta.
Se unha noite no inverno o lume non ten lapas,
non che quenta a lareira das palabras, teimudas e caladas
e o silencio non che fala.
Se unha noite no inverno, te levantas e miras lonxe
sen poder ver a distancia
da que te separa o tempo que nos queda
ata o maña.
Se unha noite no inverno
espido e so te encontran sentado na escaleira da túa casa
sen nada que ofrecer os que chegan extraviados.
Se unha noite no inverno un viaxeiro te encontra derrotado.
Se unha noite de inverno fose unha mentira mais.
Entón compañeira, mírame, así en calma
porque nada hai tralas reixas oxidadas do balcón dos soños
tan só a estepa hostil, o páramo árido e sedento de incerto,
o leito xeado do outro lado do río da vida,
ao cruzar ponte, vencellada a morte desexada.
Angel Utrera.

Comentarios

Entradas populares