martes, 23 de mayo de 2017

POESÍA PENDULAR del VALLE DORMIDO (LOLI PRIETO)

Me enamoré de una sombra
hermosa a la luz de la gran luna,
era plateada e incierta....
como un falso oasis
camuflado entre las dunas.

Poesía Pendular del Valle Dormido de Loli Prieto.

Nos últimos tempos estamos a asistir a un auténtico "boom", editorial de autoedición, de autores; escritores e poetas, que non atopan modo de dar a coñecer o que levan no seu interior.
Vivimos nun Pais curioso, no que edítanse ao ano mais de trescentos mil exemplares, non sei cantos rematan o cabo dos anos vendidos ao peso, nin cantos realmente mercamos, as veces tristemente, ou aínda peor, unicamente para servir de adorno nunha estante do noso salón de estar ,na casa, o que si sei é que certamente lense moi pero que moi poucos destes miles de libros.
Posiblemente estamos diante dun caso mais, un de tantos, no que o autor precisa dicir algo do que sinte e brota no seu interior, dende este Val durmido, o Val do Silencio, no corazón do Bierzo, onde entre os montes Aquilanos, o pé mesmo do cumio do pico Aquiana, pechado en vida no silencio da súa cova, o Santo Genadio, reflexionaba sobre o que era vivir na paz interior de un consigo mesmo.
Loli Prieto, pretende este acto de reflexión introspectiva e busca a paz no silencio deste val durmido que vainos levar devagar polas brancas paxinas da man dos versos e palabras que brotan do berce da terra, na busca do autenticamente verdade; "Nos", cada un de nos, reflectidos no espello abafado do cuarto de baño, espidos e sen falsidades nin disimulos.

"Me pasa que tengo que escribir,
para que alguien lo lea,
me pasa que estoy llena de entenderte
para seguir siendo la rara,
me pasa que no encuentro a mi tribu....
y se ha suicidado la esperanza.....   

Velaí queda esta declaración de principios, por se quedara algunha dubida da necesidade de Loli Prieto, por escribir.
Loli Prieto    escribe porque se non morre de asfixia, porque lle sae de moi a dentro, porque o precisa como mirar, tocar, bicar, sentir o calor dunha nai. Escribe porque é palabra e poesía, eternamente en movemento, limpa e pura, contraditoria e clara como a auga cando a colles na man e se escorre éntrelos dedos, coma esa neve branca que nos invernos afastados pinta en néboas e agarimo o seu val durmido. Escribe porque  precisa que Eu , e moitos mais  leamos, as veces con sorpresa, moitas con paixón, quen sabe se con envexa, e outros, porque non, quizabes por aburrimento.Escribir é iso, facelo ben como ela, xa é outra cousa, un misterio, un don, unha empatía entre o escribidor e o lector impertinente e crítico.
Posiblemente algúns alegarán que a calidade literaria desta ópera prima da autora, deixa bastante que desexar, quen sabe, sobre gustos hai pareceres, dende logo que si, mais o que non ten discusión é que esta poesía chega, porque sae limpa e clara dende dentro dun corpo que sinte e morre por dicir o que lle sae sinxelamente e sen artificios nin recursos estilísticos.
A poesia de Loli Prieto, e da terra, da auga, do vento, das flores e arbores, da xente e do val, este Val durmido, por iso o seu libro é pendular, e vai dun estremo o outro, porque os corpos sempre oscilan sobre un eixe fixo con ese movemento pendular que é a vida, o intre que transcorre entre o solitario acto de saír de entre as pernas da nai, e a despedida, nun derradeiro bico de adeus por sempre.       
Entre tanto nos empraza desde su poesía para ese maña, ese futuro incerto que anhelamos;

"Nos veremos en Avalon...
entre hadas y manzanos,
mientras tanto, háblamos de vez en cuando."
------oooo------
"Caperucita feroz
se escondía bajo su capa...de color rojo sangre
así nadie veía su alma.
Caperucita feroz devoraba corazones
de lobos esteparios...
bestias a fuerza de golpes."
-------------ooooooo----------
Nunca supe echar raíces,
más bien, prefería andarme por las ramas
y de tanto mirar el horizonte
les puse alas a los ojos de adentro...
aún así me refugio en este valle,
cuyas montañas guardan secretos
del agua y de las flores......


Este poemario es el primero de una tribología sobre las vivencias de una india anacrónica en un valle precioso y muy poco valorado: El Bierzo...(Loli Prieto)
Pois non querida amiga; equivócaste, porque o Val do Silencio fala a berros de sal e sangue os que coma min gustamos de escoitar os seu son, a súa conversa doce, a súa voz sen palabras mais alá do infindo de cada sombra, no lusco fusco e na soidade da noite, e seguimos amando o seu latexo en carne viva ....

Angel Utrera.



Publicar un comentario