PRIMEIRO DE MAIO.-(EXERCIZO DE MEMORIA HISTORICA)

 PRIMEIRO DE MAIO.-
No ano  1886, realizou-se unha manifestaçion de traballadores nas ruas de Chicago, nos Estados Unidos.
Esta manifestaçio pretendia reivindicar unha reducciòn da xornada laboroal ata as oito horas de traballo, e milleiros de persoas sairon as rúas exixindo mellores condicions de traballo e dignidade social  dando inicio a unha folga xeral cun seguimento masivo polo Pais . Durante estes dous dias as manifestaciòns e folga transucrriu de xeito pacifico, ata que na maña do dia Tres de Maio, a policia interveu violentamente para reprimir un pequeno foco de manifestantes rematando coa morte de tres deles, o que provocou a convocatorio para dia catro dunha xornada de loita e protesta, convocatoria e manifestaciòn multitudinaria nas rúas de Chicago, que remaou co lanzamento dunha bomba de fabricaciòn caseira, cuxo orixe ainda hoxe se descoñece, se ben para alguns estudosos foran os propios empresarios os que pagaran sicarios para reventar e rematar dun xeito definitivo co movemento sindical, acusado xa abertamente polas forzas reaccionarios do capitalismo american coma comunistas, subversivos e perigosos enimigos da orde social.

Nesta ocasiòn a policia respondeu cas armas de fogo regramentarias contra a cabeceira da manifestaciòn es traballadores que dun xeito pacifico participaban nela, provocandose nos enfrontamentos seguintes  a morte de sete policias e catro obreiros, ademais de varios feridos de gravidade. As manipuladas e intencionadas investigacions da policia  posteriois os feitos do catro de Maio, deran como consecuencia a detenciòn e confesiòn baixo tortura na carcere, de varios sindicalistas, que posteriormente no que foi considerado como un xuizo farsa, e a modo de escarmento, cinco deles foran condenados a pena de  morte e tres a cadea perpetua.   
Este feitos coñeceronse dende aquel enton como a Revolta de Haymarket.
Anos mais tarde no 1920 , ten lugar unha nova tropelia contra os parias da terra, os miserentos e desherdados, co fin de reprimir o pulo que estaba a tomar o movemento obreiro, feitos que  sonche narrados no film de Giuliano Montaldo, dirixida no ano 1971, baixo o titulo de "Sacco y Vanzetti", con musica de Ennio Morricone, maxistralmente interpretada posteriormente por Joan Baez.
A historia incide ,na manipulaciòn policial, contra o movemento sindicalista, e obreiro incipiente nos estados unidos, naquel enton, e foi non so un claro exemplo de erro xudicial senon de instrumentalizacion da xustiza polos intereses politicos capitalistas e conservadores, que deste xeito buscou dar un novo escamento o movemento sindical.
Ambos, Sacco e Vanzeeti, foron condenados a silla electrica e executados, por seren un perigo social, inmigrantes, por certo de orixe Italiano, pobres e traballadores mais que humildes, como advertencia os demais que pretendesen cambiar a orde establecida..   
Dende enton o un de Maio, e o dia internacional do Traballo, ainda que no noso Pais, o rexime Franquista, co parabens da igrexa, asimiliou este día o "San Jose obreiro", ...asi que filiciades os Pepes, posiblemente hoxe sen traballo, e apuntados nas listas do INEM..    .


Comentarios

Entradas populares