A REVISTA OLGA E O GRUPO POETICO "BILBAO".


A revista de Poesía Galega en Madrid,"OLGA"; nace do sentir dun grupo de poetas , co mesmo nome que a Glorieta onde se localiza o café que ialles server de acubillo; " Bilbao", quince poetas, que dende o ano 1996  ata o verán do 2015,se reunían no salón cheo de fume e calor de corpos daquel café aberto no 1887, co nome de "Café Comercial". Daquela glorieta de Bilbao, no Madrileño barrio de Fuencarral, polo que Eu pasaba as veces perdido no meu vagar dos poucos anos, soños e pensamentos mais ou menos negros, cun paquete de pipas de mirasol, no peto do meu pantalón de pana, dende o numero 120 da rúa Bravo Murillo ,onde vivia cos meus pais e irmans, ali mesmo ao pé do escalestrix dos Catro Caminos, cara a Gran Via e Sol, e volta pola cidade Universitaria, Moncloa, San Francisco de Sales, arriba, naquelas tardes de Sábado nas que a rutina dos estudios viase rachada a caida da tarde, por aqueles interminables meus paseos, que remataban sempre co bocata de calamares de cea, comprado nalgún daqueles bares de fritangas e chan cheos de merda, papeis manchados de grasa, cascaras e cabichas de cigarro, porque aínda non estaba proibido fumar neles.




O mais cerca que Eu nunca estiven daquel grupo de escritores e poetas que se reunían xa naqueles días, no Café Comercial, dos que por soposto non sabía nada en absoluto, era cando buscando algo, aínda que non sei moi ben que,aquel rapaz novo de pelo a lo afro que fun Eu, se acercaba a aquel local de Jose Luis, xa non me lembro dos seus apellido, sintoo: A Carcelera,  moi preto do barrio de Malasaña, que despois iase poñer de moda como lugar de copas, e movida, pero que daquela aínda resultaba bastante soso e tranquilo. 
Ali, naquel sotano, dende onde polas fiestras con reixas e barrotes de ferro podias ver pasar a xente na rúa,  mesmo podias participar nun curso de cinematografía, que tomarche un Fino Laina, ou un Tio Pepe, escoitando cante jonde ou flamenco, por cataores saidos Deus sabe de onde.



O Comercial, como case que todos os bares e cafés do Madrid mais castizo, onde os madrileños de sempre, facían gala xenerosamente mais da súa chulería, e pose ante a vida, mais ou menos chulesco, que coa retranca que nos atribuen os Galegos, abriase de par en par as rúas cunha daquela portas de torno xiratorio, que deixaba os fríos de fora, alá, en tanto gardaba o tipico cheiro doce das tertulias do café recen molido e fumeantes sobre as mesas de marmol branco, xa non os da post guerra, anos grises de fame, medo e odio, lousas e lápidas roubadas nos cemiterios, que a picaresca estivo e continua a estar a orden do día no noso Pais, pero aínda así cargadas de sentido, de historia e de palabras.

Ali ianse reunir estes homes e mulleres, saidos e chegados na diaspora, e refuxiados na capital do mundo mundial, a das Españas todas, para falar entre outras cousas de literatura e poesía, e anos mais tarde unha vez pechadas para sempre as portas do pasado, dun tempo e un espazo, nin mellor, nin peor, tan so diferente abren esta xanela maxica a través dunha revista de nome tan suxerente como cálido e sensual o mesmo tempo: Olga.











Benvidos pois a palabra, a reflexiòn, a historia de vida, esta mesma vida que vendemos, en forma de verso na que deixar pegadas de beleza, de sensibilidade, e medos e saudades, de tremores e esquecemento, de negruras e tempestades, benvidos o que Olga nos ofrece, dende xa, e van tan so tres numeros.
Parabens a Vicente Araguas, Luz Pichel, Manuel Pereira Valcarcel, Rafa Yañez, e todos os culpables desta fermosa aventura, cara as Itacas de cada quen.

Angel Utrera 

Comentarios

Entradas populares