Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas.




Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas. Daniel Llamas y Daniel Lois.-




Dende a negrura da noite dos tempos, alá nas sabanas africanas onde din que o mono ergueuse por primeira vez para otear por riba da herba, onde se perden os nosos recordos de seres nacidos de entre as pernas dunha muller despois de abandonar o refuxio cálido do seu ventre materno, o home evolucionado do primate mirou con espanto, pavor ou medo o ceo azul do día ou a escuridade insondable da noite, adorou como deuses descoñecidos e crueis eses mesmos misterios inabordables do firmamento e chegou pouco a pouco presa da sua natural curiosidade innata ao razocinio a facer as preguntas inevitables; Quen somos?. De onde vimos?.A onde imos?. Haberá algo mais alá do tempo e o espazo?.


A xente dende sempre buscou respostas, as veces na relixión, nos ritos mais ou menos pagáns, no esoterismo ou no materialismo, pero no fondo de todo sempre pervive a mesma razón, saber, coñecer ;como comezou a vida, como empezou o universo, quen  ou como se creou a terra, os mares, os ceos, o día a noite?. 






Copernico, Galileo Galilei, Kepler Ptolomeo, Newton o Einstein, sen esquecer xa nos tempos modernos, a prodixiosa mente de Stephen Hawking, buscaron explicacións e mergullaron nos misterios do noso ceo estrelado, sen descanso, as veces con desasosego, outras cun medo cerval, pero sempre coa curiosidade do que quere e precisa coñecer, e dende logo cautivados polo feitizo máxico da fermosura deste noso firmamento, os seus planetas, cometas, estrelas fugaces, buratos negros, masa, materia, antimateria, vía láctea e ese sen fin de efectos luminosos  ou ópticos aterradores e indescritibles; parhelios, crepúsculos, arrebolas, halos, arco da vella, Airglow, Fata Morgana, Destellos,  rayos verdes, las Auroras boreales .







A dicotomía desta loita, entre a razón e a superstición, foi o que moveu a miles de persoas o longo dos séculos a camiñar seguindo a estela desta enorme, xigantesca, marabillosa "Vía Láctea". As veces tocados pola fe, outras polo espírito de aventura, pero sempre pola curiosidade de ver, de saber, de vivir.

Esta Vía láctea, galaxia espiral, dentro do noso sistema solar, cuxo nome ten orixe na mitoloxía da  Grecia clásica, debe a súa aparencia leitosa o denominación que lle deron os primeiros observadores do firmamento, que  algúns estudosos atribúen ao astrónomo Demócrito, hai moitos séculos, que tentou demostrar como o aspecto branco do ceo na noite escura, non era senón unha aglomeración de estrelas moi pequenas, aínda que resulte mais poética a explicación da mitoloxía Grega, cando confirma que este fenómeno celeste, non é mais que o leite derramado do peito da Deusa Hera, cando se negou a amamantar ao neno Hércules.

Dacordo coa tradición Santa, do Cristianismo, foi este camiño de estrelas, o que levou a descubrir a tumba do apóstolo Santiago, alá nas terra enlamadas de Compostela, a antiga "Campus Stelae", e que no século XII, ía sacralizar o Códice Calixtino, coa narración da aparición do espírito de Santiago ao emperador Carlomagno indicándolle que seguira a Vía Láctea, como guía ata chegar a Compostela.
Sexa como sexa estamos diante dunha obra inmensa dunha calidade excepcional e dun valor artístico impagable. Un traballo meticuloso dunha coidada presentación, un texto mais que adecuado e preciso, e unhas fotos impresionantes, realizadas por un grupo de profesionais fotógrafos de enorme valía.



Como ben  se da conta pola editorial;


Desde épocas ancentrales el hombre ha levantado la mirada hacia las estrellas buscando respuestas. Y sigue haciéndolo, por interés científico, por atracción hacia lo inmenso y desconocido o sencillamente para contemplar la belleza de los cielos nocturnos.
Cada vez es mayor el número de viajeros que buscan reencontrarse con el espectáculo que ofrece la noche cuando cae el sol. Sin embargo, la contaminación lumínica hace que, en muchas ocasiones, resulte muy complicado visualizar los millones de centelleos sobre nuestras cabezas, un obstáculo que hace que el viajero que busca las estrellas dirija su mirada hacia los cielos limpios y alejados de las grandes ciudades, que le permitan la comunión con la naturaleza y el cosmos.
 
En esta búsqueda, que entronca directamente con un turismo cada vez más consciente de su entorno, y sostenible medioambientalmente, los cielos gallegos parten con gran ventaja. El aislamiento y la belleza del entorno natural que preside algunos de los puntos con mejores características para la observación de las estrellas nos convierten en un lugar ideal para la contemplación de ese espectáculo nocturno que nos brindan los cielos.

Comentarios

Entradas populares