PIRATAS NO RECREO.(LUZ BELOSO E MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ)



Piratas ou Piratos?....Quen sabe o que cada día resulta politicamente correcto, se nos pasamos a vida coa matraca da igualdade e a linguaxe inclusiva, inmensas e inútiles campañas nas que afundimos cartos e mais cartos,  e despois tiramos todo ao cubo do lixo, cando vemos na televisión anuncios sexistas claramente discriminatorios, en poses provocativas e alevosas insinuantes e atrevidas nas que a muller é unha vez mais instrumento, xoguete e obxecto,  actitudes machistas mais que dubidosas e agresivas. Ou lemos nos xornais, declaracións alti soantes, deste u aquel político, Ministros ou empresario, no que ponse en tela de xuízo a capacidade, a igualdade de oportunidade, a normalidade no trato entre sexos, en tanto vemos insensibilizados e vacinados contra o que significa de fracaso social, o de nos todos, como continua a medrar, dun xeito escandaloso e cruel a violencia de xénero, o maltrato infantil, a desigualdade no mundo laboral e unha infinita e descorazoadora lista de agravios nos que o fin resulta ser; Os nenos cos nenos e as nenas coas nenas, e repitamos os roles ata o infinito e moito mais, porque é así, foi sempre así e ten que se deste xeito.


Os colectivos LGTB, os trans, os que pelexamos ou cremos pola non discriminación en razón de sexo, os que se agochan nos armarios, os que saíron deles hai anos, os que dan a cara e ós que sa rompen a labazadas e esgarros, e nos todos teríamos que ler e desfrutar deste sinxelo pero entrañable e fermoso libro, no que un conto real, transformase por arte de birle birloque en un real conto.








As ilustracións formidables e impáctante de Luz Beloso, e a palabra en forma de poesía e reflexións do escritor Miguel Angel Alonso Diz, fan deste relato trans, a normalidade do que tería que ser sempre abordar a diferencia, coa naturalidade do que non cuestiona, nin prexulga, porque non somos quen para facelo, porque todos e cada un de nos somos únicos, distintos e diferentes niso radica a nosa riqueza como seres.

 A normalidade da vulgaridade ademais de odiosa, resulta aburrida, mortal de necesidade e provocativa na abulia e falla de xenialidade por repetitiva e intolerable, porque non exixe esforzo, dende logo, pero tampouco aporta nada, convértenos en seres monocromos, rutinarios e amorfos, incapaces de vivir, ou sentir, porque somos insensibles.

A mensaxe sobre a diversidade e o respecto mutuo é tan directo e se nos `presenta tan cheo de forza como a palabra e os debuxos, desta nena/o Pirat@/o.


Como  din na contraportada edicións Belagua, e tanto Luz coma Miguel Angel saben e nolo amosan no seu traballo; Cumpre educar para transformar e concienciar para ser, e non hai mellor modo que este, un fermosísimo libro , un fantástico conto, y unha evidencia real de que algo está a cambiar, a pesar dos pesares das estupideces de súas señorías deputados; Membros e membras....      
Excelente traballo, e formidable proxecto no que estan embarcados tanto Luz Beloso, como Miguel Angel Alonso Diz, parabens os dous, e a ediciòns Belagua pola calidade deste magnifico libro de contos, idea a seguir e imitar...
Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares