O 16 de Maio do ano 2004, da man dun grupiño de amigos e veciños de Agolada, preocupados polo seu patrimonio, historia e cultura nace a Asociación de Amigos dos Pendellos de Agolada.

Entre os seus fins:
Promover a recuperación arquitectónica e cultural do patrimonio histórico comprendido nas construcións de feira denominados "Pendellos", e que constitúen parte do entramado urbanístico da vila de Agolada .

A promoción e elaboración de propostas. iniciativas e suxestións  ante as autoridades competentes tendentes a  conseguir a recuperación e conservación da riqueza arquitectónica dos Pendellos.
Os estudios , investigación e debates tendentes a divulgación do valor deste entorno como sinal da identidade da vila.

As actuacións perante  organismos das autoridades tanto públicas como privadas en orde a defensa, conservación e protección do patrimonio  histórico-cultural, natural e paisaxístico do Concello de Agolada en xeral.
A promoción de calquera tipo de actividades culturais  conferencias, congresos e exposicións que teñan como finalidade dar a coñecer os pendellos e a vila, así como plantexar alternativas de recuperación.



Lamentablemente a vida desta inmensa asociación cultural foi efémera mais conseguiu poñer en valor o noso recinto feiral, así como salvalo do abandono e esquecemento secular que sufría ao tempo que removeu conciencias e conseguiu ca xente do pobo de Agolada, o valorara e tivera como seu, herdanza impagable dos seus ancestros, e bastión da cultura cun inmenso valor cultural e patrimonial, como finalmente as autoridades do propio Concello, Deputación e Xunta recoñecerían.

Un dos actos mais entrañables que organizou  esta tería lugar con posterioridade , concretamente con data do 14 de Novembro. deste mesmo ano no que tivo lugar aproveitando o nomeamento por parte da Academia da Lingua Galega, de membros de honra os señores, coma acto previo, recibindo e tributándolles unha mais que merecida homenaxe, no que a musica, a poesía  e a palabra foron o acto primordial desta irmandade, que   ían encher de felicidade o noso recinto feiral  :

Don Domingo Frades Gaspar, como representante e defensor da lingua Galega, nos tres Lugaris de Estremadura: San Martin de Trebellu, As Ellas e Valverde do Fresnu, ao delegado do Galego en Asturias, D. Carlos Varela Aenlle,  do Galego no Bierzo, D. Heitor Silverio Garcia e do Galego nas Portelas, Sanabria-Zamora, D. Felipe Lubian Lubian, como ben nos recordou a todos o noso pai e grande mestre D. Avelino Pousa Antelo, no seu discurso de suada e benvida os convidados;


"Para todos, coa maior emoción de verdadeiro irmán, en nome de tódolos galegos, eu douvos un forte e agarimoso abrazo de benvida"..

Déixovos aquí abaixo o seu discurso completo pronunciado polo noso AVELINO POUSA ANTELO, co que despois agasallaría a nosa Presidenta, Dñª. Raquel Vidal. 









Afortunadamente un par de anos mais tarde, a propia Asociación de Amigos dos Pendellos recoñecería o desinteresado e inmenso traballo desenvolvido o longo da sua vida, polo mencionado D. Avelino Pousa, e sería agasallado  por unanimidade e con todo o recoñecemento que tiña gañado sobradamente, coa entrega do II Pendellos de Honra, co que a mecionada asociación distinguia a persoas que se sinalaban especialmente pola defensa do noso patrimonio cultura e lingua, cunha 
especial atenciòn o recinto feiral mais sobranceiro do Pais, como é o recinto de Feira dos Pendellos, noutro dos mais que entrañales e fermosisimo encontro da palabra, a musica a madeira e a pedra, dos Pendellos nosos de sempre.

Comentarios

Entradas populares