CHOUSA DA ALCANDRA


domingo 3 de febrero de 2008

Amantes
Despois dunha treboada gústame observar as bágoas que caen das pólas, golpeando con inusitada bravura nas follas secas do chan. Os carballos nús, húmidos e aparentemente inertes, beben na sazón que percorre o carón das suas raices. Se escoitas, ata podes oilos tragar con avidez...
E no medio do prado dous amantes esconden reciprocamente os seus pudores nun abrazo vertical, profundo, lascivo e perenne. Se miras, ata podes ver o vaivén da sua paixón...De maneira sensual entrelazan os seus dedos elevados cara as nubes preñadas de auga que seguirá regando o seu desexo. O enrabietado aire do nordés pon a melodía a este cadro, zoando entre as xestas, erguendo as follas, musitando notas e acordes que esbaran no pentagrama cóncavo da cúpula celeste.Se sintes, ata podes percibir como gozan no seu estático movemento...
Foto: Carballos abrazados no Cruceiro
CHOUSA DA ALCANDRA, e un blog feito dende o outro lado do Farelo, sobre a vida, os homes, os feitos de aqui, a naturaleza, a reflexiòn sobre o que gusta o disgusta, visto cos ollos do corazon, e o sentido comun da boa xente que ten tempo para reflexioar sobre o que a vida ten de fermoso cada dia, para regalarnos.
Me he permitido copiar esta ultima entrada, porque pareceme un poema moi entrañable .....¿non si.?

Comentarios

Chousa da Alcandra ha dicho que…
Unha honra. Un pracer.

Unha aperta!
Lapis-vermello ha dicho que…
Si señor. Ademais ten un blog, non sei como dicilo, é fantastico, conta cousas ben interesantes. Bicos
Angel Utrera ha dicho que…
a CHOUSA DA ALCANDRA.....
MOITAS GRAZAS POLA TUA XENEROISIDAD.
Por certo meu fillo David, quedou encantado co teu comentario sobre o que hai que buscar detras das fotos....na historio da casa.

A Zanfonista.....Non sei, as veces penso que a diferencia de idade é un muro, vexo o teu blog, e gustame enterder como a xente nova encara con desenfado e valentia a vida, tamen sinto nostalxia, do que xa quedou para mi no camiño, e nunca é de recuperar.
Sei que o meu fillo DAvid che coñece....Alegrome de ver que as novas xeracions, non só pensan no botellon, como as veces erroneamente nos fan creer desde certos medios, inxustamente.

Entradas populares