LUIS VIÑAS




Estás aí tan cerca
que as veces te confundo en min
na confidencia sen lindes nin atallos
sei de ti cando na distancia
flotas dentro como o arrecendo da infancia que
nos marca
es un rio que vai en min
me asuca e me percorre
en fervenzas de paixón e forza
en remansos calados e calmos
este rio noso transparente en nácares
que no penedo estreito rebrinca de ledicia
e salpica as roseiras salvaxes
co arrecendo do amor.



II


Luz e mañá calma
sen vento
andei por ti na distancia
e fun espello
do que fomos un dia
antes da fuxida: hostes do desexo
que sempre deixa a pegada doce
e percorre as entrañas
para encher este abismo de friaxe
o alento misturase no ar
e arde en chamas azuladas
manchado de aromas tépedos
a dúbida.....tal vez non foi
non fomos.




(Poemas do libro aporta verde do sètimo andar, poemas dos poetas membros do colectivo Viguez. Nove xeitos de traspasar a porta da poesia, nove olladas que indagan na paixón, no cotián, na memoria......nove voces actuais de abrir a porta verde dos sentidos, dos desexos, dos soños.......Luis Viñas, Pintor, e poeta de Agolada, transmite nos seus versos a forza da maxica irrealidade do pasado, nos recordos do corpo, e o desexo do futuro........),

Comentarios

Fada Branca ha dicho que…
queda o encargo anotado, en canto poida xa o terá david, ainda que non sei ben a que te refires cun unha das miñas invitacións?¿?¿ Bicos
Angel Utrera ha dicho que…
grazas,
refirome a que eu tiven coñecemento de ti cando me deixaste n meu blog, unha invitaciòn, enlace para chegar o teu blog. ¿lembraste...?
Unha aperta
Fada Branca ha dicho que…
POIS MAS A OBRA

Entradas populares