FERRAN FERNÁNDEZ



XEOGRAFIA NOCTURA





Atopei este libriño, feito a man, nunha edicilòn limitada -cen exemplares- numerados e firmados polo autor. (Coleccion Bourel- Bico de Mar).


A verdade é que non sei nada do poeta, nin tampouco do artista que decora o libro cunha litografia, non por sinxela, mais fermosa ainda- "Antonio Piñeiro".


Sinto non poder contarvos mais nada.


Velai tedes algun dos poemas, teño para mi que moi fermosos....



tras un feroz combate


contra a memoria


e esquecido todo xa


sintome libre coma un paxaro


nas mans do taxidermista.
---000---




acendemos a luz


para ver as cousas claras


e só alumamos


un novo mundo de sombras



---000---

soñei


que era mudo


pero lograba berrar


e un xordo sentíame


e traducia a miña queixa


á linguaxe dos signos


par aunha cega multitude
---000---




hai mulleres que agardan


unha palabra miña


un xesto preciso


unha mirada


mais onde estan?

Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
Hai información sobre el e a súa obra en http://lasafinidadeselectivas.blogspot.com/2007/12/ferran-fernndez.html

Entradas populares