LAS ALAS DE LA VIDA-"Carlos Cristos" In Memoriam




Veño de ver na televisión o filme de Antoni P.Canet sobre a morte en vida do médico cirurxian, investigador, piloto de voo libre, montañeiro, patrón de vela, musico, Carlos Cristos,nado en Galicia no ano 1956, a súa dona Carmen Font, a filla de ambos Carmela, amigos e familias.
Esta “obra documental”, totalmente diferente de calquera outro filme, ao xénero, formula de maneira serea, mesmo cun continuo sorriso, e un fino e sutil sentido do humor: “Mentres soe a musica, continuaremos bailando, con alegría”, dinos Carlos no transcurso das conversas que ten cos amigos diante da cámara, o dramatismo da vida é a morte.
Aspectos como as limitacións da medicina, a ética, o medo ao dor; Carlos fala cunha sinceridade tremenda da dor moral, porque el non sinte dor física, pero recoñece que para si, é peor a dor moral, da dependencia total dentro do corpo físico, enfermo incurable dunha enfermidade neura dexenerativa, que limita absolutamente e condiciona o que necesitaría e gustaría facer, cada día.
As reflexións sobre a morte cando chegue, a fe na outra vida, da que desconfía, porque xa viu a Dios, nos pobres que tratou das mais crus doenzas, nesta vida terreal, como médico no exercicio da súa profesión, o testamento vital durísimo, cruel e real, como o mesmo padecemento que o consume, e sempre cun sorriso, supoñen unha lección dificilmente asimilable por nos, neste tempos que estamos a dilapidar.
De entre as palabras que regalounos, ca voz quebrada pola dexeneracion do corpo, entresaco estas, que definen a dignidade dun home, que dounos un exemplo conmovedor:
Gústame pensar que sen a morte, cada novo nacemento seria unha traxedia.
Eu so diría que ter sabido del Carlos, adorable, intelixente, sensible e tan humano, e desde hoxe para mi un doloroso privilexio.
Todo o mundo debería ver esta película para decatarnos de que a proximidade da morte, otorganos, a vida.


(Onte Domingo, uns dias despois de escribir esto, lexo nos xornais a triste nova da morte finalmente de Carlos. En cumplimiento dos seus desexos, as suas cinzas serán repartidas entre Mallorca e Galiza. Descanse en paz es home bo).

Angel Utrera

Comentarios

Lapis-vermello ha dicho que…
Jo pois que pena. A foto quédalle moi ben. Bicos.

Entradas populares