YOLANDA CASTAÑO







Habia un labio húmido

descolgado en guirlandas serosas a rebentar moi lento

esgazando un gromo asi descortizado

retorcéndose para desenvaiñarse, para destrabar todo de golpe

que unha maré me desborda.

Seica o xabrón esvara moi viscoso pola pernas.

Habia un labio lácteo

apoteósico

a rebosar.

Desorbitar os rebordos

e todo verquido.

Un labio lento

violento

a derreterse na abundancia

saíndote por fóra.



Comentarios

Entradas populares