RECORDOS DO CAUREL



Pintaron en vermello os soños dos ancestros.
En sal, as brancas areas da distancia inalcanzable
foron presente dun futuro imaxinario.
As liñas marcadas nas vellas mans
curtidas na suor das frontes queimadas
pola lume asasina da miseria
borrábanse dos recordos, dos contos das vellas
porque xa ninguén os escoitaba.
E así, espalda contra espalda; costas encurvados pola angustia
dos fillos emigrados no pasado
baixaron ata o fondo dos abismos, na procura dunha palabra
na noite mais escura dos tempos xa pasados.
Pintaron as montañas en carballos
de raíces afincados na nostalxia
e ninguén foi quen de mirar os ceos negros
como presaxios de morte, tan amiga como estraña.
¿Porque xa todos marcharan?.
Tan so me recibe a casa de pedra e bagoas solitaria.
A solaina, esquecida,
as pegadas nos sendeiros trala ventá pechada
de zocas trazadas
neste futuro sen memoria, sen palabras, sen recordos.
So o silencio dende o fondo da terra enlamada
a monótona ladaíña do vento contra as polas feridas en ourizos
sen froito nin esperanza.
E alá no fondo da campa a cinta do río que escapa
como todos desta tristura en olvidos e ruínas mesturadas
de poesía, mentiras, fracaso e doces xogos da infancia abandonada.
Pintaron esta terra, en carne viva
de dor, de tristura ensanguentada, de fame cega
de “si señor” e seguir calados
de fuxir ou morrer, de buscar unha saída trala xunta dos bois,
calados sen voz, nin queixas .
Nas costas dos carreiros, borraron, cara arriba ou costa abaixo
trasfegando como sempre, entre o xurro, a mirada no pasado,
a voz intermitente do Courel resoa nos versos do narrador das vidas
que vendemos nesta miseria;
Uxio Novoneyra, a voz durmida da nosa terra.

Comentarios

Carlos Salgueiro ha dicho que…
Dende fai uns meses veño traballando nun novo proxecto musical.Despois de moitas voltas e de moitos ensaios xa nos sentimos preparados para facernos ouvir o resultado de estes meses de traballo e de disfrute.
Verédenos por ahí co nome de "CARLOS SALGUEIRO E OS ENGADIDOS".
Forman parte do grupo:Agustín Moreira(batería),Miguel Guerra(baixo),David Paz(guitarra),Ana Angueira(voces),Jacobo Louzán(voces)e eu mesmo.
O noso primeiro concerto público terá lugar o xoves 29 de Abril ás 10 da noite no PUB ACHE de Seixo.
PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

Confieso mi incultura. No conocía a este gran poeta Uxío Novoneyra. He mirado en la wikipedia, y seguido los enlaces, y me ha parecido MAGNÍFICO, todo lo que he encontrado de él. Seguiré leyendo sus poemas.
La fotografía que has puesto de los juncos, me ha recordado un dibujo de Federico García Lorca, (el agua, como pentagrama) que precisamente sale en un vídeo colgado en Youtube para su "Pequeño vals vienés" (minuto 3,16) con la música de Leonard Cohen y la voz de Enrique Morente.

Te pongo el enlace, en tu entrada para unir la POESIA gallega y andaluza.

http://www.youtube.com/watch?v=GcUwEPEteVM

Saludos. Gelu

Entradas populares