AHI VEN O MAIO.....


Ahi ven o maio de frores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros.


Pasai rapaciños calados e credos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio,pra min sempre é inverno.


Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten,trabucos e prestemos
que,coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá enton o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.


Este fermosisimo poema de Curros Enriquez, foi musicado no ano 1975 polo cantautor Luis Emilio Batallan......Primer e historico almbum de moi gratos recordos, acompañado polos musicos de grupo GRanada, o LP contenia temas como; Quen poidera namorala,Agardarei, etc. Poemas todos eles, de CElso Emilio Ferreiro, Rosalia de CAstro,Alvaro Cunqueiro, Curros Enriquez....
Moi recomendable, escoitar o disco, e por soposto ler os poeta e poemas...Os grandes pais da nosa poesia.

Comentarios

PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

¡Qué bellísimo poema, en verdad!.
¡Y qué bien suena, con música!.

Estas imágenes colgadas en Youtube, son acertadísimas; así que te pongo el enlace, para disfrutar de las palabras de Curros Enríquez, de la voz de Luis Emilio Batallán, de la música y del vídeo completo.

http://www.youtube.com/watch?v=UCZCm1q4Kwc

Saludos. Gelu

Entradas populares