A MEMORIA A PALABRA A MUSICA..........O libro





Ides perdonarme esta pequena mostra de vanidade, pero e unha tolemia na que me empecinè e vela por fin rematada e editada, calentiña ainda, recen saida da imprenta e un motivo de orgullo e satisfaccion.
Finalmente agasallamos os nosos amigos e socios-Os da Banda de musica de AGolada- (non sei se sabedes que Eu son tamen o presidente desta asociacion cultural),co libro que recolle nosa historia.
Nesta asociacion, traballamos arreo para agrupar nun libro a memoria, a historia a orixe das Bandas, que o longo dun seculo, houbo nesta vila nosa.
Bandas como as de Ventosa, creada no ano 1862, a de BRantega do 1864 e posteriormente refundada no 1942, a de BAiña, a de ARtoño do 1951 e finalmente a de AGolada, nacida da refundacion das demais, xa no 1993.
O que tratamos e de explicar un pouquiño esta historia de nosa terra, e da nosa xente, ao travès dos artigos dos escritores amigos, que desinteresadmaente nos prestaron a sua voz escrita:

Xose VAzquez Pintor.....No Ronsel da Musica.
Luz Pichel......O Baile
DAvid Otero.....Indo A PAso de Boa musica.


A historia contada por un dos poucos musicos vivos, ainda, de 84 anos de idade, Evaristo Lopez Moure, dende a ARxentina onde emigrou e vive, dende 1951, nos conta como foron aqueles tempos, nos que os musicos tocaban de oido, xa que moitos deles eran analfabetos, e por soposto se non sabian nin ler,moito menos podian entender as partituras.
E de remate, a miña contribucion modesta, coa historia, a presentacion do que representan as Bandas para Galiza, e o que esperamos para o futuro....
Non esperedes maravillas, pero son oitenta follas, de palabras fotos,memoria e musica sobre todo, da musica e os musicos.....
O libro xa contei hoxe para os amigos da Radio Onda CEro,o FAro de Vigo e a Voz de Galicia, que tiveron a amabilidade de interesarse polo tema, non esta a venda, xa que o noso interese non està en facer negocio con èl, so pretendemos gardar e dar a coñecer a nosa memoria historia (Agora que esta tan de moda, ou releve...)
Foi unha promesa que Eu fixen na presentacion da miña xunta directiva, e xa a cumprimos..Un soño feito realidade.
Se algun de vos estades interesados no tema.....Con gusto vos mandarei un exemplar.

Comentarios

PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

Tenéis que estar orgullosos. ¡Cuánto dicen las fotografías!. Seguramente en ellas hay algún abuelo o bisabuelo de los músicos de ahora.

Viendo las imágenes, que has colgado en el otro blog, se nota que el domingo pasásteis un buen día.

¡Enhorabuena por el libro, y por todo!.

Saludos. Gelu

Entradas populares