LIBERDADE....










AO PÉ DO FARELO
LIBERDADE

Por el pájaro enjaulado
por el pez en la pecera
por mi amigo que está preso
porque ha dicho lo que piensa

Por las flores arrancadas
por la hierba pisoteada
por los árboles podados
por los cuerpos torturados
yo te nombro, Libertad.

Por los dientes apretados
por la rabia contenida
por el nudo en la garganta
por las bocas que no cantan....

O poema de Paul Eluard, o escritor Francés que fora o marido da “musa de Salvador Dali; Gala, sérvenos de fondo para a reflexión persoal que fago hoxe sobre a liberdade.
Dende que o home habita este planeta azul, loitou e moitas veces deixou a súa vida por ela, pero ¿Temos liberdade?.¿Realmente existe ou existiu algunha vez? Ou mais ben como cantaba o cantautor estremeño Pablo Guerrero, nos anos setenta: La Libertad es una palabra escrita en la pared.
Chegamos ao mundo porque nos botan nel.. ¿Alguén elixiu nacer libremente?. Que Eu saiba ninguén. Temos os pais, familia, amigos, entorno vital, que por sorte ou desgracia nos toca. Polo que dende a orixe da nosa vida, non puidemos decidir e carecemos de liberdade. Estudiamos, ou non, e somos mais ou menos brillantes e destacados, en razón dos nosos xenes, e carga xenética. Tampouco somos quen de decidir neste apartado fundamental porque vai marcar o noso devenir futuro.
O “Fatum”, o destino o temos marcado polos Deuses, tal e como na antiga cultura Grega, o definía o Oráculo de Delfos. Recomendo a lectura da traxedia de Edipo Rei, sumamente instructiva ao respecto. Non te podes rebelar contra el. Os homes nos temos liberdade. Como no mito da caverna, estamos encadeados, e a nosa vida é o que imaxinamos ver no fondo da cova, sombras borrosas que interpretamos.
E dende logo en razón destes talentos que nos foron dados, imos ter unha existencia mais doada, ou mais dura, con mais ou menos recursos, mais ou menos feliz, mais ou menos digna. Non tampouco tivemos posibilidade e liberdade de elección.
Vivimos para traballar, e sufrimos para ganar o pan coa suor da fronte, como a maldición Bíblica nos condenou. Carecemos de liberdade de cambiar, de elección, de decisión se o que facemos non nos interesa, ou satisface como persoas, e seres racionais que somos, porque hai mil condicionantes que nos empurran a aguantar contra os nosos principios e desexos. Polo que ao final insatisfeitos, reprimimos o que gritamos na nosa soidade interior, e seguimos adiante sen remedio. Non temos liberdade unha vez mais. ¿Ou si?.¿ Alguén pensa doutro xeito.?
E de remate o do sistema social e político, ímolo deixar porque dáme noso e risa ao mesmo tempo. ¿De verdade alguén cree que existe liberdade de oportunidade, liberdade de opinión, de expresión, de manifestación.?. Meus, o poder económico, o controla e manipula todo, mesmo a liberdade de conciencia. Se non ¿Cantas consciencias corruptas dormen placidamente absolutamente convencidos de que son un exemplo de virtude cristián?. Deciden ata o que temos que pensar.
A única, o verdadeiro exercicio de liberdade que temos e a elección da morte pola nosa man, e para facer uso desta posibilidade fai falla un valor do que moitos de nos carecemos, por iso somos escravos da vida, de por vida.
Angel Utrera



.

Comentarios

Entradas populares