viernes, 17 de junio de 2011

LOIS PEREIRO




Declaracion.-

-Amarte vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremnedias
piedade e odio intermitentemente.
Es ti que sempre educas e aceleras
A doenza letal dos que non sde resignan
A ignorar como es en realidade:
Somentes un traxxecto
Còmo e aldraxante cara á morte,
Un tránsito inútil e innecesario.
Pero a ignorancia salva ós que non queren
Arriscarse a perderte tan axiña
A cambio da renuncia a profanarte.
E aqueles dentes que perdin
Precisariaos agora para defender
As conviccioóns nas que me reafirmo
Solidario e amable, se é posible
Ou lobo estepario no desterro,
Completarei o circulo insurxente
Coas balas do desexo.
Publicar un comentario