DO BLOG MAR E LUA....OLLOS DE COR DE GATO

 DO BLOG MAR E LÚA.....OLLOS DE COR DE GATO.

Ollos de cor de gato

ADEUS:

Ás caricias que borran o resto do mundo apenas rozando a pel. Á guerra de miradas. Ós desastres que montamos diante de todos. Ós problemas que nos dan as escaleiras escuras a altas horas da noite. Ós cálculos matemáticos cando marchas. Ós teus ollos de cor de gato. Ós bicos no ombreiro que me asustaron. Ós golpes da lámpada detrás do sofá. Ás túas mans no meu pescozo. Ás cervexas compartidas. Á túa risa que se contaxia cando soa a ”i”. Ó Caribe musical. Ás túas ordes que só acato cando quero. Á túa voz a piques de se quebrar cando me dis o que nos daba medo dicir. Á miña seguridade cando che contestaba a iso. A botarte de menos dende o bar do lado. A crer todo o que escoito. Ós trenes para os que quedamos durmidos. A perde-lo medo a escoitar o que sentimos.


(DEIXOVOS ESTE FERMOSO POEMA DE MAR E LUA, POETA E BLOGUERA DO OUTRO LADO DO DESTE ESPELLO MAAXICO , CO SEU PERMISO, DENDE LOGO, E VOS DEIS ESTE ENLACE PARA OS QUE QUEIRADES SABER MAIS DO QUE ESCIBE .PAGA A PENA DARVOS UNHA VOLTIÑA POR ALA E QUEDAREDES SORPRENDIDOS DA FRESCURA DESTA POESIA NOVA DOS SOÑOS).......

ttp://marelua.blogaliza.org/



Comentarios

Mar e Lúa ha dicho que…
Graciñas por compartilo no teu blog e polas túas fermosas palabras :) Unha aperta!

Entradas populares