lunes, 26 de noviembre de 2012

FOLLAS BRANCAS DE PAPEL,... ENGURRAS NO CORAZON.

Follas brancas de papel
testemuña mudo e cego
dos meus desvaríos primeiros.
Follas brancas de papel
que voaron como o tempo aquel
e se perderon.

Follas brancas de papel
escritas a escondidas
con  vergoña e medo
de dedos manchados coa tinta
en pantalón curto e chirucas de neno.
Follas brancas de papel
nas que envolver a merenda
Bamba de chocolate e fresa
cas esperanzas, soños e desexos
de crecer apresa.


Follas brancas de papel
entre sermones, pecados e rezos
para dicirlle un te quero
para roubarlle un bico
un sorriso, unha mirada furtiva
un paseo a saída do colexio.

Follas brancas de papel
cheas de misterio
de quedar en silencio
descubríndonos coma amigos
o seu corpo espido
aqueles peitiños nacendo
o ventre liso
empezar de cero.



Follas brancas de papel
a vida en follas brancas murchas
de olvido fracaso e  tempo
Follas brancas de papel
engurras no corazón
silencios de tempos mornos de inquedanzas
de recordos e  de invernos.

Publicar un comentario