PINGAS DE LEMBRANZAS E DE OUTONOS.....


As gotas de auga da brétema
cristal transparente do rocío
no lusco fusco do amencer
ó raia-lo-dia
pingando das follas mortas das árbores
alí soiñas,
espidas de outono
en amarelos e ocres pintadas
tan tristes e perdidas
me recordan a vella campá
esquecida na torre de calquera igrexa
colgada das ruínas e o pasado
chamando a mortos por ninguén.



 As pingas de lembranzas e de outonos
doutros tempos
seméllame bagoas negras
vertidas polos que agardan por nos
alá no fondo do val
entre as pedras gastados dos muros e cancelas
atrapados polo tempo e a desidia
da aldea baleira de risas e soños
tan estéril dos pasos mornos dos ausentes
cinza e po.


 preñadas de fontes secas e silencios
docemente,
como estrelas tintinantes na noite escura.




E en cada gotiña que pinga e estoupa no chan
de lama e verde feitizado
un pensamento que atrapa e reten os meus soños
un recordo fuxido
unha vida rematada
un lamento no ar.
Lembranzas e sentimentos no outono do `pasado
pingas de saudade.

Comentarios

Entradas populares