OUTONO


 Sempre me deu en soñar co inverno
cando nas tardes mornas do outono
entre néboas e saraibas
sen nada que facer
nin poder saír os camiños do bosque
adiviño na escuridade a soidade das arbores
e penso nas pobres folliñas mortas
que alfombran os silencios
dos alleos pasos.

 Que soiñas e tristes vanse polo río cara os océanos estraños
tan lonxe da casa
arrastradas pola redemoiña das augas nos regatos
coma as avelaíñas de regreso ao pasado.
Dáme sempre en soñar co inverno
cando ollo cara fora a rúa mollada
ao través dos cristais empanados
e gotas como perlas encantadas
esvaran polo frío da ventá ata a nada.



Dáme sempre señardà e unha tristura cansa

pensar nas arbores espidos, esqueléticos

coma tétricas pinceladas nun óleo inacabado.

A friaxe da morte,

A loucura do vento norte que nos leva

polos rodeiros incertos da vida

nun mar de soños e invernos

nestes outonos tolos.



Comentarios

estrella ha dicho que…
Hola Ángel!!!
Hermosas fotografías del otoño, preciosa poesía del frío, de la lluvia y la soledad,de la tristeza y de la melancolía.
El traductor de blogger es malísimo,jaja, pero creo que comprendo casi todo o al menos el concepto que quieres transmitir.

Un abrazo!!
PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

El otoño, así, con los colores que nos presentan tus fotografías es precioso.
También tu poema.
Me pregunto, ¿por qué la visión de tanta belleza, provoca –a veces- estos sentimientos de melancolía?

Abrazos
Angel Utrera ha dicho que…
Somos afortunados, porque poseemos la sensibilidad precisa para apreciar la belleza de un otoño, y sin embargo nos produce melancolia y tristeza.....
Angel Utrera ha dicho que…
Somos afortunados, porque poseemos la sensibilidad precisa para apreciar la belleza de un otoño, y sin embargo nos produce melancolia y tristeza.....

Entradas populares