lunes, 6 de enero de 2014

LEVAME COÑECELO MAR......



Nai, ¡lévame coñecelo mar¡
Seica é da cor das esmeraldas
e nas noites mornas de lúa chea
pódense ver as sereas xogando cas ondas
de espuma branca a facer pompas
como as de xabón
e  que as estrelas viaxan cabo do mundo
cabalgando sobre elas.
Din que o mar chega ao infinito dos firmamentos
coma saído dun burato negro sen fondo
mais alá da liña borrosa do horizonte
onde se agacha o sol e morre a luz das luciérnagas
dos nosos campos e as bolboretas.
Lévame nai.
¿Onde é para ir velo?
Dime cal é a congostra , nai.
¿onde se atopa a corredoira
para baixar onde o mar? .
Teño que fuxir deste silencio de morte
e escoitar o murmurio das ondas na praia.
Din que as augas son salgadas
e cheas de brillos e reflexos
coma cristais ardentes.
Pódeste mirar e verche reflectido nelas
E din que hainas   frías coma anacos de xeo
e escuras no mais profundo
e   tamén azuis e as veces transparentes
naquelas outras terras
tan diferente da nosa dura e ingrata.
Lévame coñecelo mar
para bucear nel e afundirme no seu misterio
na procura dos tesouros dos piratas
descubrir illas solitarias
navegar co vento nas velas
sentirme libre e nunca mais escravo
E soñar……




Publicar un comentario