domingo, 26 de enero de 2014

PINGAS DE CHUVIA..BAGOAS QUENTES DOS DEUSES.








Unha bágoa é un misterio.
Unha aventura un sorriso estragado.
A expresión irrefutable da perda
salgada da esperanza.
Unha bágoa é
coma unha ilusión esvaecida



no camiño da nada.
Unha bágoa é se escaso
unha mágoa
unha derrota que asoballa
e que oprime a alma na tristura
unha espiña da roseira das amarguras
unha ferida de sangue coagulada.
Amarga bágoa ousada
que arrastra nun latexo indescifrable
a esencia dos meus soños e mentiras.
Unha bágoa é
coma un cristal translucido
húmido reflexo na saudade
da bruma desta brétema fría do fracaso
na cálida fuxida cara a ningures
que é a vida.

 






Publicar un comentario