lunes, 22 de diciembre de 2014

O XOGO DO AMOR....


Dous mirando pola fiestra da mañá
cara a cara coa nada
agardando que suceda algo.
Dous sentados espalda contra espalda
mirándose descoñecidos amantes
no medo instalados
rompendo coas sombras do pasado
dispostos a buscarse o un no outro
apurando ata a ultima pinga do desexo
paso a paso.



Dous a recorrer o camiño en cada poro
na pel de un, na pel do outro
no ventre de un, na ferida prohibida do outro.
Dous en un que entran e saen sen desmaio
dous en un so murmurio
de palabras novas, de dedos ousados que descobren
como derreter o xeo do inverno
dous en sentimentos e arquexos
dous en un éxtases descoñecido que atrapa
a baldeira nada da soidade.



Dous, un que se verte no interior do outro
e outro que se derrama e rebouza como as augas
dos mares, rompentes nos cantís da luxuria
incontrolable.
Dous suorentos, peito sobre peito
ventre en carne viva, pubes, sexo que desafía
o corpo e sacia o medo.
Dous en saliva de , linguas salvaxes
de fartura  de amantes
Dous no xogo do amor, sen limites
no que todo vale. 




Publicar un comentario