ONTE ........













Onte espertei  espido
arrebolado nas sombras  dunha noite mais
 vencido na escura soidade dos pasos cansos
e alí boca abaixo respirei anacos de amor estragado
pedaciños de estrelas que coma cristais ardentes
alumeaban o silencio no que agachado souben tería que buscar
o teu sorriso de muller enchida doutras veces
para revivir un soño mais ao outro lado do pasado.
E sentín escorrenchar o velo doce do vento trala fiestra
morno e falcotrueiro chamando por mi cara a nada
mentres me afundía no teu recordo e no cheiro a vida
do teu ventre no que busquei o reencontro co pecado
como tantas outras veces cando nos deixabamos devagar
polo camiño da vida, como amantes.
E Eu sabia que sempre eras ti,por quen agardaba,
Onte espertei espido e souben que fora un soño
novamente o que anhelaba, 

Outra mentira.



Fotografias dos fotogragos; China Hamilton, e  Karpovich, e o debuxo de Egon Schiele.

Comentarios

Entradas populares