lunes, 23 de enero de 2017

A LENDA DO DESTERRADO. (Microrelato baseado nun vello conto dos Oscos).

A LENDA DO DESTERRADO


Conta a historia do mundo  mundial que na alta idade Media, onde todo era posible ou probable,-(Como en Granada onde como ben din a lenda coa retranca típica do acento andalusí...Todo e posible en Graná,  ou ista outra; El que tiene un tio en Graná ni tiene tio ni tiene na), ocorreu este conto de servos e amos, con ningunha semellanza, ou quen sabe qué; cos nosos días, nos que somos afortunados xa que entre outras venturas das que desfrotamos a golpe de talonario, tan so temos que lamentarnos de cando en vez; da violencia doméstica, ou de xénero, -o número poñelo elas desgraciadamente, o numero das vítimas que non para de medrar digo,- actitudes machistas de explotación do mais forte e poderoso sobre os mais desfavorecidos, mesmo co amparo da lei, para iso sonche os que mandan e fanas o seu antollo e capricho, enténdase sobre explotación laboral, contratos lixo, carencia de dereitos, inseguridade e un longo etcétera onde o Xefe sempre ten razón, e se non a ten aplicarase o artigo número un.
Enténdase prostitución, explotación sexual da muller ou do home,infra mundo autentico no que afóndense cada día miles de persoas, unhas como explotadoras "chulos modernos", e outras coma vítimas explotadas. Enténdase tamén mafias que ofertan soños dun mundo mellor, ou paraísos en módicos prazos no outro lado do estreito mar no que se afonden para sempre  nas súas pateras de papel, afogados trala súa necesidade de saír da miseria, a guerra e a morte.
Enténdase un sen fin de fraudes, corruptela, mentiras, manipulación, ansia e mais ansia polo poder  financeiro e os cartos como fin ultimo e único da vida, destes fondos voitres, bancos e banqueiros, políticos e politiqueros, señores da morte, asasinos dos soños, e da vida, sen dúbida algunha, xa volo dixen nada que ver co que viviron aqueles pobriños ancestros nosos  na idade Media, tan rica en pestes como en fame e miseria entre muros de Castelos, dereitos de pernada dos Señores, e os servos da gleba, as irmandades, as cofradías e os burgos ancestrais orixe das nosas vilas e cidades modernas de formigón e cristal .
Pois digo que naqueles tempos un Domingo calquera, ou tal vez un dia Santo sen mais, acudían a misa o Señor do lugar e o seu servo, as costas de cabalería, como era uso daquela, e o amo dándose de conta que ia co retraso mandou o escravo que esporease o cabalo, correra  e se adiantase para darlle aviso o Sr. Crego que non empezara a misa sen el, que viña  xa de camiño e íase retrasar un chisco.
O pobre del así o fixo e a risco de rebentar a pobre besta chegou a tempo da darlle o mandado do seu amo o sr. crego, o cal vindo que a igrexa xa estaba chea e a xente agardando, non quixo facerlle caso e deu comezo a cerimonia.
Cando finalmente deu chegado o Señor, a xente estaba a saír do templo, pois rematara aquela. A furia do amo foise descargar sobre o lombo do pobre mancebo que clamaba pedindo perdón, e explicándolle o seu señor que el cumprira puntualmente o mandado, mais fora aquel o que non obedeceu a orden do amo, e non quixo retrasar a misa.
En escoitando os lamentos e bágoas do pobre servo e ao comprender a desobediencia do crego, berrando furibundo pecados e blasfemias, ao punto mandou  o criado que lle dera morte ou sería el mesmo o que pagaría coa súa vida a ofensa.
O miserento do servo, non tivo outra opción, que rematar coa vida do crego, para salvar a súa propia cumprindo deste xeito as ordes do seu amo e señor.
Mais non rematan aquí as súas cuítas, xa que tan pronto dou cumprido o mandado e a sangue do home santo regaba a terra do adro da igrexa, o mal nacido do amo denunciouno como asasino ante a lei.
Así foi como deu cos osos no cárcere  preso, cheo de cadeas e condenado a morrer na forca por quitar a vida de forma tan deseznable o pobre e inocente crego, a pesaren da súa insistencia ante o xuíz do tribunal que o condenaba, e as explicacións que lle dera de que cumprira a orden do seu señor.
Mais aconteceu que naqueles tempos e lugar fora uso e costume que os traballos de construcións do cadarso onde aforcar os reos de pena de morte,  tiñan que ser levantados exclusivamente por servos da gleba  e escravos.
Segundo a usanza da época  nos dominios daquel condado coñecido como "Os Oscos", todo aquel que puidera xustificar medios de vida propios e autosuficientes para el e mais a súa familia acadaba o estatus de home libre, e dado que naquel val rico en caza, pesca, e froitos das fragas e sotos, onde abundaban os castaños, os arándonos os carballos e outras arbores xenerosas coa xente, practicamente a totalidade dos seus habitantes vivían co que a terra lles agasallaba resultou que non había homes co rango de servos necesarios para construílo patíbulo onde executar a sentencia de morte na forca para o pobre do servo preso. 
E foi tal que así que o tribunal non tivo mais remedio que conmutar a pena de morte do reo, por non poder cumprila e mudouna pola de desterro de por vida.
Dende aquela este souto e esta terra é coñecida como o do "Desterrado"  .    
Xa vedes que calquera semellanza coa realidade actual, éche pura e simple coincidencia.

Angel Utrera.









Publicar un comentario