O PILOTO, (O DERRADEIRO GUERRILLEIRO ANTIFRANQUISTA).

O PILOTO
José Castro Veiga (CorgoLugo11 de febrero de 1915 — San Fiz de AsmaChantada10 de marzo de 1965), coñecido como O Piloto, foi o derradeiro guerrillero  na loita anti franquista. Abatido pola Garda Civil preto do lugar de Pesqueiras, no encoro de Belesar, posiblemente a imaxe final da súa vida foron as frías augas do río dos ríos galegos ; O Miño.
Nado en Béelle de Arxemil, no Corgo, ingresa con dezaseis anos no corpo de Aviaciòn, na capital de España, e obtén o grado de cabo, velaí o alcume co que foi coñecido de por vida; O Piloto.
A súa historia comeza rematada a nosa guerra civil na que loitou en defensa da II República. Condenado a 30 anos de cadea foi indultado o cabo dos catro anos de reclusión. Agochado baixo as aparencias dun traballador coma outro, regresa en 1945 a súa terra, despois de traballar nun hospital e inmediatamente contacta con outros resistentes políticos na clandestinidade militantes do partido Comunista, e fuxe agochándose nas fragas e aldeas da Ribeira Sacra, e xunto con Jose Arias Cristo, forma un grupo armado para continuar a loita contra o réxime usurpador Franquista.





A súa actividade como guerrilleiro declina a partiren do ano 1949, 1950 como consecuencia do recoñecemento nos foros internacionais do Réxime Franquista, polo que a resistencia armada síntese traizoada e queda practicamente abandonada cos seus escasos recursos, e moitos grupos sonche diezmados e reducidos en enfrontamentos coa Garda Civil, cada vez mais preparada e mellor dotada, amen dos delatores que infórmanlle dos movementos dos maquis e guerrilleiros, cada dia mais acurralados.
Deste xeito cada vez mais deles toman o camiño do exilio, e intentan fuxir e poñerse a salvo en outros países. A pesaren de que finalmente queda so, o Piloto non pensa en abandonar a súa loita, e persiste nela, mais aínda cando coñece a Ramona  Mirella Curto, coa que inicia unha intensa relación sentimental, e chega a vivir na clandestinidade durante anos e que ia ser coñecida como "Mirelle", segundo el mesmo a bautiza.
Grazas a axuda da veciñanza e amigos conseguiu resistir agochado mais de vinte anos. Lugares como Sernande ou Santa Uxia do Asma, foron dos seus preferidos, sobre todo ata que a construción do encoro dos Peares, deu coa posibilidade de moverse libremente por aquelas terras da Ribeira Sacra, xa que os veciños tiveron que abandonar as súas casas, algunhas das cales utilizaban para pasar a noite e permanecer agochados, nos seus sobrados e palleiras.
27 de mayo de 1954, nun enfrontamento en Paradela (Castro Rei) coa garda civil perde a maior parte dos seus homes,  o que  obrigoulle a quedar inactivo durante os anos de 1955 e 1956 realizando ocasionalmente atracos, polo que alcanza sona de bandoleiro e salteador. O último delito que se lle imputou foi un atraco a man armada no Saviñao, no que rouba quince mil pesetas das da época a un veciño do lugar , en concepto, segundo declarou o afectado ,"de multa que lle impón o Goberno lexítimo da República".
Finalmente a súa historia remataría nesta mesma zona na que foi a súa casa en 1964.  Recoñecido por un antigo compañeiro do servizo militar no Saviñao, foi denunciado.
O dia  10 de marzo de 1965, preto de Belesar, a Garda Civil de Chantada, segundo consta  no seu informe, o descobren mentres está a almorzar sentado nunha pedra preto dun rego e  cominoulle  a se entregar, respondéndolles este a tiros, polo que non tiveron mais remedio que abatelo. A realidade foi certamente moi diferente ao informe oficial da súa morte.
Cara as once e media da maña dese dia dez do mes de Marzal, segundo a nota aparecida nos xornais da época autorizada polo Gobernador Civil, o vetaran guerrilleiro Jose Castro Veiga, coñecido como O Piloto, morreu na parroquia de San Fiz (Chantada), no encoro de Belesar. Esta mesma versión oficial na que foi calificado como, "Tristemente celebre foraxido", explicaba que cominado a renderse respondeu a tiros, polo que non lles deixou os gardas mais remedio que abatelo .Tiña cincuenta anos de idade, e pasara mais de vinte como fuxido, resistente armado contra a ditadura de Franco.
O entonces forense de Chantada, D.Luis Vazquez Alvarez, analizou o cadáver e firmou o certificado de defunción, no que como causa da morte, se indica  unha:" hemorraxia cerebral".
Vinte anos  mais tarde da súa desaparición a esquerda  do noso Pais deu en organizar un encontro para tributarlle unha homenaxe. Invitados ao evento os lideres comunistas da época; Gerardo IglesiasEnrique ListerIgnacio Gallego e, Santiago Carrillo. Non acudiu ningún deles. O Piloto xa era historia, auga pasada que non move muíño, e xa non interesaba politicamente.
Para coñecer mais da historia deste home recomendo o libro de  Carlos G.Reigosa; "Fuxidos de Sona, no que como ben din, no momento da súa morte, O Piloto, xa era alguén que tan so esperaba a caída do réxime de Franco, e sobrevivir.
Os seus restos descansan para sempre no cemiterio de San Fiz de Asma , aínda que non puido ser ata o ano 1986 concretamente o dia 9 de Marzal, que na súa tumba fora colocada unha lápida en recordo da súa actividade guerrilleira e o seu nome.

De entre os comentarios recollidos no blog http://amaxiadosavinhaoegaliza.blogspot.com.es/2010/04/jose-castro-veiga-o-piloto.html, EN L,  en Abril do ano 2010.destaco este dunha persoa anonima por interesante e curioso,....
 Todo lo que se dijo de este Sr, muchas cosas son mentiras, era un buen hombre, yo tengo muchas fotos de el y de su compañera Ramona Curto Candal. Un buen día llego a mi casa y me dijo: Que me agradecia mucho si les hacia unas fotos, no puse problema ninguno, yo no swabia de quuen se trataba, y si9 lo supiera se las hacia igual.Cuando las fue a buscar a mi casa me pago lo que le pedí y me dejo 25 pesetas de propina, pues casi era lo que yo le cobraba por las fotos, les hice unas 20 fofos o mas, todavia conservo los negativos.
De como deicen que murió, todo es mentira y en aquellas épocas estaba en el puesto de la guardia civil de Chantada coco jefe del cuartel, un Sr. que se apellidaba Maroño y que despues casi todos los guardias civiles que participaro en aquellos hechos, se retiraron y se fueron para Coruña, entre ellos el guardia civil Pedreira, natural de =iedrafitaq de Chantada, estaba de Alcalde un -médico dentista que se apellidaba Regal y era natural de ´Mariz de Chantada. Fueron 11 guardias civiles los que fueron matarlo en el momento que el estaba comiendo junto a una fuelte.
Dicen que le dijeron: alto Piloto, no es cierte, yo conocí un guardia civil de los que fué para matarlo y este guardia civil tiene familia de swu mujer en Maxal de Taboada y se llamaba Rodolfo, y lo únco que hicirón fue diasparar sin preguntar nada, pues un ex guardia civil retirado que estabaempleado en el embalse de Belesar avisado por un vecino de un pueblo cercano, fue elque le dijo de quien se trataba, este guardia civil retirad, a partir de ese suceso tambien desaparecio de Chantada y yo solo lo pude ver una vez en Chantada.
España esta sembrada de fechorias que hicieron, esta fue una mas.
D.E P. josé Castro Veiga.
un amigo te lo desea.
A,D C.E.G.J.O.I.



Comentarios

Entradas populares