A NETA DO CAMILO .(EXPOSICION NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO ENSANCHE)


 Grata Sorpresa, e mais que fermosa exposicion de pintura, e algo mais desta........................ A NETA DO CAMILO, ....
a quen non teño o gusto de coñecer, pero que veño de descubrir ao través dos seus soños plásticos; a cidade, oa recordos, as xentes , en forma de oleos, que congan nas paredes do Centro Sociocultural do Ensanche, en Compostela, na Rúa Frei Rosendo Salvado, moi cerquiña daquela praza roxa, que en tempos fora simbolo das protestas estudianties e as ansias de liberdade das xentes deste Pais, que camiña dia a dia entre os grises das miserias, e as sombras dos rencores e odios, feridas aína non pechadas, e que sen dubida as cores das obras desta Neta do Camilo, axuda a sandar.




 Coma din a artista na súa paxina en internet, onde podedes ver a súa obra....
http://www.anetadocamilo.com/

Pra min a pintura é o xeito de expresar o que con palabras non consigo reflexar. 

Pinto porque me gusta, porque me relaxa..., pinto tendo en conta quen son..., sen pretensións. 

"anetadocamilo" é moito máis ca sinatura que poño nos meus lenzos. É a miña homenaxe a tódolos avós da miña xeración. Falo do orgullo polos ancestros e pola miña terra.



"A neto do Camilo", presenta esta a súa exposicion de oleos no centro sociocultural do Ensanchez en Compostela, dende o pasado dia 5 e ata o 30 desde mes de Novembro. 
Cadros, cheos de forza e expresividade, que non deixa indiferentes, que queren dicir algo, e mover algo dentro do curioso impertinente, que coma min, pasa e detense diante de cada un das obras, cunha expresiòn de asombro, e un xesto de sorpresa, porque ata agora non sabia nada desta impresionante artista plastica, que vai moito mais ala da simple pintura, porque o que quere e atrapar a realiade na irrealidade dos soños e as imaxes de seu mundo interior, nesa fantasia de nenos que todos nos levamos dentro, ainda que alguns xa o esqueceron.
Atopa o teu camiño, percorreo sen olalr atras.......Ten a coraxe de desfrutar o que te rodea. Apoderate do ceo, das estrelas, das nubes, da auga, das montañas mais impoñentes, ou da brabura do mar.    
Pois algo asi pretende esta muller, que rende homenaxe de liberdade o seus sentimentos, e de gratitude os seus avos...Camilo e Carmucha.
Pois si...ide ver e desfrutar da obra e a pintura reflectida nos lienzos desta Neta do Camilo, as veces, en finas pinceladas, e outras e rabiosa e furiosa brocha, que frustra a indiferencia....
Un pracer os sentidos.
 Noraboa e longa vida a esta artista das cores, a furia e a sensibilidade...
Para min, toda unha descuberta. Parabens á artista.
Angel Utrera

Comentarios

Anetadocamilo ha dicho que…
Paseando polo mundo virtual atopei estas verbas que me adicas. Èsta é a maior das recompensas e a verdadeira razón pola que comparto o que pinto.Que as miñas obras rocen a alma de alguén é o maior dos premios .Moitìsimas grazas Àngel Utrera.
Angel Utrera ha dicho que…
Foi un pracer.....normalmente so comento o que de veerdade me gusta e motiva, cando o vexo, o mesmo que cos libros e peliculas.....Asi que xa sabes......Apertas bicos de sal e sigue pintando.

Entradas populares