FOTO SÍNTESE.-HELOISA LIMA.



Se algúns dos poetas mais grandes recoñecían , cando escreben os seus versos, invocar divindades para a súa inspiración, as famosas "Musas", que como as Meigas do noso Pais, ninguén viu, pero habelas hainas, segundo confirman a sabedoría popular e os contos de vellas, nas lareiras das casas, no caso que nos ocupa hoxe, de Heloisa Lima, temos que recoñecer que mais ben ela convocase a se mesma,  invoca os seus recordos, as súas inquedanzas e saudades, as reflexións e os pensamentos dos momentos esquecidos, os mais íntimos e auténticos, porque úicamente a soas, diante do espello da nosa realidade á que resulta imposible enganar e non podemos , e fala dela como unha unidade, un ente de dentro cara afora, sen escusas, nin medias verdades, sen deixar nada a interpretación, ou a dubida, porque o que nos conta é tan autentico como a vida mesma que corre en millóns de pingas de sangue polas veas de poesía desta  escritora.





Heloisa Lima, Brasileña de Salvador, dende o ano 1962, escribe a modo de poeta, porque é o seu natural, a musica das palabras trae e leva soños, imaxes, recordos, impresións roubadas por unha cámara fotográfica, transformada en fiestras que nos presenta espida a realidade tal e como ela a trapa, a entende e a vive, sucumbindo as belezas do mundo  que nos rodea e que acariña ao ritmo dos versos a nosa pel.











O seu primeiro libro auto publicado no ano 2014; "Escreverecendo poesía", xa foi un punto de inflexión, e partida para este Foto Síntese, historia de amor e mágoa, que temos entre mans.
























Foto síntese é un xogo continuo e sorprendente de metáforas,  unha loita entre o real e o seu paraíso onírico, un combate incruento entre imaxes e palabras, versos e alegorías en forma de foto, porque Heloisa conversa e mantén unha intensa e profunda dialéctica coa súa cámara, dun xeito desenfadado  e desinhibido, case que desvergóñente, xa que ao mesmo tempo que mergulla, espía e plasma no papel o que representa cada imaxe, nos da a contrapartida o lado escuro, as sombras, no lusco fusco da conciencia do subconsciente, como saído dun burato negro do confín do firmamento, esa mesma bóveda celeste que son os poemas, a palabra feita latexo; sístole e diástole dun corazón que latexa intensamente buscándose a se mesmo e mostrándonos espida de retórica banal, o que representa soñar, o que supón vivir un soño. 













Sen dubida algunha Foto Síntese, agocha unha historia de amor e mágoa, ou mais ben miles de historias de amor e unha profunda mágoa, a do presente tan irreal e fantástico como para botar de menos o pasado  perdido nas profundidades do mar salgado, ao que como ao ventre cálido da nai, buscamos ao tempo que pretendemos a seguridade acolledora do seu útero, que imos atopar sorprendéndonos ao mesmo tempo nas paxinas brancas e negras deste fermoso libro, poemario .









Fuxamos logo a galope tendido, cabalguemos as costas dos versos e as imaxes, mergullemos nas palabras e o seu sentido, e Vivamos; que non é pouco- a Foto Síntese deste libro, mais, moito mais que un libro de poemas, mais moito mais que un libro de reflexiones persoais, de sentimentos, de ledicias e tristuras, de frustracións e esperanzas, mais moito mais que esa mesma Vida que todos e cada un de nos vendemos dia a dia, a que nos deixan, a que nos inventamos, a que nos alimenta.







Vivamos pois esta Foto síntese eterna e fuxamos da mediocridade e a rutina con ela, da man de Heloisa Lima.   
 

Comentarios

Entradas populares