ANDARES (A TERRA DO MEDIO)



"Nas baiuras do tempo hai dende lonxe unha voz
que nos agarda e soña en berce de familia"...

(Xose Vazquez Pintor).





ANDARES
                       (A Terra do Medio)....



Os bicos son
o primeiro que se dá ou que se pide,
cando hai amor¡

.........(Bicos-Xose Vazquez Pintor).


 
Xustificar o nacemento dunha obra creativa, neste caso dun libro, é por veces cousa complicada e difícil, mais neste caso, neste traballo colectivo, pensamos que esta tarefa pode resultar un chisco máis doada, pois trátase dun libro de agradecemento, dun libro necesario de recoñecemento do amplo labor á persoa de Xosé de Quián, ese home que tanto leva escrito e tanto leva traballado pola cultura do Noso Pais.
Non é pois un libro de homenaxes, é un agasallo a el e a nós mesmos. A el e á terra onde se criou e na fala coa lingua que medrou, día tras día para deixarnos na memoria vida, berce e soños.
"   Somos, Elas e eles. A permanencia. Nós. Felices".
 (ANTOM LAIA).


ANDARES.............................


 





                 Camiñamos facéndonos e así nese andar imos con moitas e con moitos, pero nas e nos de máis cerca sentimos a mornura da amizade e a frescura dos afectos. E naqueles de máis cerca está PINTOR, e canto gustamos de facer camiño e tarefa con el.
O Xose milita nos desexos. A fantasía físoselle divertida e non a deixou (non  a soltou) por nunca máis. Canto aprendeu, cantas veces, e canto compartiu, ao triste berro do can que avisa do que chega ou marcha. Todo un pasar a ritmo da vida que o ía colocando na propia vida e gustáballe. A luz da casa, a palabra acariñada e a emotividade, mercaban os cardinais referentes das tarefas e dos lugares por onde camiñar e facer camiño.
Os amenceres dos días fixéronse radiantes e os adeuses volvéronse de a menos. E de Terra fíxose o camiño ao mar. De Quián de Agolada a Cangas ao Morraso, de terra a mar e de mar a terra, desde a referencia esencial do Faro e do Farelo, e do Atlantico mar.

Pinto é a nosa voz, a nosa memoria, o noso faro, perfectamente claro e clarisimamente perceptible, onde a sensibilidade manda, os afectos conquistan corazóns, e a palabra faise camiño por estas Terras do Medio, pola que debagamos na procura morna dun destino incerto pero autentico....Se resisto, se resisto e sobrevivo, tamén é pola túa luz, como ben nos recorda David Otero, na reflexión daqueles outros  poetas músicos de Euskal Herria de hai anos ; Kortatu .

(DAVID OTERO)

E como ben din o poeta Carlos Negro;

Poño por ti a musica da banda de Muimenta
e unha cerdeira para os paxaros da amencida.
Poño a sombra dun sobreiral en Carmoega
e unha aperta gorentosa coma un melindre.


Poño un chiscar de ollos e unha carballeira,
sete noites de muiñada e un Seat seiscentos.
Poño un verso de dezasete quilómetros
dende Agolada a Lalin, alá na mocidade.
Poño unha feira do doce para moceares
e unha nación que aínda non plantaba eucaliptos.

                 -----o0000----------


E seguimos no camiño e andamos, e descansamos e regresamos no sendeiro, na congostra, na senda e corredoira e leva a todas partes e a ningures, da man dos que saben e nos escoitan, dos que falan e contan aquelas lendas, aqueles contos de Mouras, de trasnos e de Meigas, de meter medo, diante das lareiras mentres afora o vento zoa e o can na palleira ventea a noite escura .
E estamos dentro e fora, e somos e non somos, e pensamos e rimos e choramos, fundidos nunha aperta cósmica de carballeiras e rios de non ir mais alá do que sabemos que somos e coñecemos, porque o lonxe do solpor da casa e o descoñecido dos mundos estraños nos que temos a obriga de seguir mergullando e dar conta do que alá atopamos.



ANDARES......Nunca serás morte, Ti como es, Arenga responsorial pola memoria nosa, No acougo das sobreiras e Quián, Melide dos meus retornos, un hoteliño lindo, Pedra, As terras do Medio, conversas sobre un cuestionario,  Todas nos tomando a palabra para falarmos do que foi, é e seguirá a ser esta Terra do Medio, de Ida e Volta con que nos amosou a vida Xose Vazquez Pintor  .-




Andares , na voz e os textos de;



.- David Otero  -Celso Fernandez Sanmartin-Carlos Negro-Xosé de Cea-Antom Laia-Jose Devesa-Inma Lopez Silva.-Daniel Asorey-Cecilia Doporto-Maria Socorro Cea-e  a inestimable colaboraciòn de Xulio Garcia Rivas e as súas acuarelas, e s fotografias de Angel Utrera.



Comentarios

Entradas populares