LIBERDADE DE EXPRESIÒN.


AO PÉ DO FARELO
LIBERDADE DE EXPRESION.

Escoitando estes días pasados falar da polémica co novo Vicepresidente dos vicepresidentes deste goberno do desgoberno que nos tocou en sorte, por certo os dous día de xurar os novos ministros e o reparto das carteiras e ministerios, todo un récord sen dubida, recordei os meus tempos mozos alá polos anos setenta oitenta do pasado século, co ditador a piques de morrer, logo o seu pasamento e aquel Arias Navarro e o seu ;Españoles Franco a muerto¡¡¡, e a inquedanza e temor subseguinte.

E recordaba o noso berro de batalla dende as aulas baleiras da universidade, pechada nunha folga indefinida de; Amnistía, liberdade, da xuventude que reclamaba xustiza e o fin da represión e a ditadura, sen mais panos quentes a base de paos, carreiras polas rúas de Madrid, e algún que outro que desgraciadamente quedou polo camiño e a súa vida estragada para sempre, desparramada no chan ao caer accidentalmente ou tiralos, dende unha fiestra, ou por un disparo rebotado, de non saberse nunca quen, ata que a masacre irracional e salvaxe no despacho dos abocados laboralistas, daquel despacho de Atocha, marcou  o punto e final, á impunidade dos fascistas  de Fuerza Nueva de Blas Piñar, dos guerrilleiros de cristo rei, e dos que cheos de odio e rancor se negaban a dar un paso ao lado, e deixar a vida seguir o seu rumbo, o que marcaban novos aires de reconciliación en democracia e liberdade.










Daquela reclamabamos nada menos que; Liberdade de Reunión, de Manifestación e de Expresión que  contra os tribunais de orde publico, nos que os Xuíces eran os piares inamovibles do control político do estado, a través dos seus xenerais, o famoso movemento nacional, e outras lindezas das que os mais novos xa non teñen nin idea, e nos  xa poucos recordos para ser sinceros, porque nos van fallando as neuronas, lamentablemente privilexios da idade. 

Algo tan necesario como o respirar, nin mais nin menos que Liberdade, o dereito a decidir por nos mesmos sobre as nosas vidas, o que queriamos ler,  ver, escoitar, pensar ou criticar, sen medo, e sen que a censura velara por nos e nos considerara incapacitados e menores de idade practicamente para todo o que non foran adhesións fervorosas ao caudillo, na súa praza de Oriente, inda que horas antes houbera firmado seis ou sete sentencias de morte, en paranoicos consellos de guerra coma se tal cousa.



Por todo iso, polos que deron a súa vida para que nos todos sen distinción de color ou ideoloxía viviramos mellor, os que remataron os seus dias  inxustamente no cárcere, os que non tiveron outra saída que coller nun atillo os poucos trastos que tiñan e saír por pernas, os que tiveron que vivir con amargura e medo, tanta miseria, tanta dor, tanta vergoña,  agora da pavor, por non dicir risa, escoitar os nosos políticos falar de liberdade de expresión, ata para dicir estupideces, cando non mentiras interesadas, porque poden grazas os  que xa non están con nos.
Angel Utrera    

Comentarios

Entradas populares