NA SOIDADE DA ALDEA.




Nos fomos dous; Un neno primeiro e mais unha rapaza, a miña irma mais pequena ca min despois.
Ela casou antes e tivo co tempo dous rapaces.

Co tempo chegou a miña e atopei a que ía ser a primeira e a única muller da miña vida que me deu dous rapaces fortes e traballadores.








Cada unha das miñas sobriñas tiveron dous fillos, nenos a maior e nenas a outra. E cos meus rapaces  pasou mais do mesmo o mais vellos tivo dúas rapazas e mais novo dous neniños.






A min, agora xa me queda pouco tempo e practicamente nada por facer, senón deixar pasar o tempo e de cando en vez recordar, pero as veces mesturo as imaxes, e os recordos, que non son quen de recuperar de entre as sombras, e me fago un lío cos nomes, e as caras, xa ves ti, será cousa da vellez, e os anos, mais de noventa, noventa e catro que farei para a primavera se chego alá, porque este inverno estáseme facendo moi, pero que moi longo e nin sequera as sopas de viño quentan os meus osos.




Así que; que quere mais que lle conte?. A quen lle vai interesar a vida dun ninguén coma min, que xamais saíu da aldea.









Este é o meu sitio, seino ben. É a miña casa, a casa dos pais e dos meus avós, e mais nada porque ninguén virá despois de min, a quentar o meu lar, nin quitar o po do meu armario da roupa.
E lei de vida, uns chegan e outros imos.

Pero o silencio doe, e xa me tarda descansar en paz e regresar a terra que tanto me deu e que sementei co meu suor. Porque a terra e dura, ingrata, e miserenta, pero xenerosa e agradecida cando a traballas con respecto e vives en paz e harmonía con ela.





E ala que vaia ben, que aínda teño que cortar estes troncos para prender o lume na cociña e quentar algo os pés y facerme un caldiño de verzas cun anaco de touciño.
 

Comentarios

Entradas populares