CURROS ENRIQUEZ.


Ahí ven o maio de frores cuberto....

Pucheronse á porta cántandome os nenos;

i os puchos furados para min estendendo,

pedíronme crocas dos meus castiñeiros.

Pasái rapaciños calados e quedos;

que o que é polo de hoxe que darvos non teño.

Eu son vos o probe o pobo galego:

para min non hai maio,

para min sempre é inverno!

Cando eu me atopare de donos liberto

i o pan non me quiten trabucos e préstemos,

e como os do abade frorezcan meus eidos,

chegado habrá entonces o maio que eu quero.

¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?..

Contádeme un maio sin bruxas nin demos;

un maio sin segas, usuras nin preitos.
Curros Enríquez


¿Non no recorda a canciòn de Andres Dobarro......????.

Comentarios

Entradas populares