O AMIGO





Hoxe a maña, a pouca confianza que aínda gardo respecto ó ser humano recibiu unha importante carga de reposto.
A escena foi mais ou menos como vos conto.
Eu ía tomar o meu cafeciño de acordar, como cada maña ben cedo, cando diante de mi, camiñaba unha rapaza nova e un canciño.
Como diría un dos meus amigos mais peculiares, “sen marca”,- evidentemente referíase a raza, pero el sempre foi un tipo moi particular . Un can palleirán, vamos.
O pobre cadelo tiña ambas las dúas patas traseiras paralizadas, posiblemente como consecuencia dun atropelo, un deses accidentes tan común nas nosas estradas, nas que o coche e o rei, por desgracia.
Pero aquela rapaza, como a cousa mais natural do mundo, falaba o seu can e o animaba a seguila, arrastrándose cas dúas patas de diante, sobre as que ían montado un arnés, do que saian dúas rodas e unha armadura na que se suxeitaban as patas inútiles do animal, que grazas a creatividade da súa amiga, aínda podía desprazarse por si mesmo.
Ela, cada pouco parábase, e acariciaba ao can, falándolle como ao mellor dos amigos. E nos semáforos, agachada, deixaba que o can lambetara a súa man.
A idea pareceume fantástica, algo así como unha cadeira de rodas semellante as dos homes, pero para animais.
E recordei entón,( mentres ía fascinado como un rato trala frauta do frautista de Hamelin, do conto), uns pasos por detrás da rapaciña e o seu amigo, a historia daquela muller que angustiada chamou a un programa de radio, suplicando que alguén se puxera en contacto con ela para facerse cargo do seu can, xa que por mor dunha enfermidade dexenerativa, que a tiña prostrada na cama, xa non era quen de coidar del, e non podía nin sequera imaxinar a posibilidade de; ou ben sacrificalo, ou ben mandalo ao canil municipal.
E recordei a morte de “Pilon”, o Hámster da filla duns amigos meus, é os ollos da nena preguntándolle a nai, se o seu amigo non ía ter moito frío, alí soiño naquel burato tan escuro, co friorento que foi en vida....
E sobre todo acordeime do noso compañeiro Mordor, o noso can e a súa horrible morte, de como o levamos a soterrar baixo as arbores da carballeira de Barcia, aínda despois de tantos anos tan vivo nos nosos recordos.
E dende logo pensei con tristeza que os homes somos ben raros, capaces de facer as cousas mais incribles, e darllo todo por un amigo, e ao mesmo tempo capaces das maiores tropelias, inxustizas, e falta de humanidade que imaxinarse poidamos.
Cousas veremos.



Comentarios

Entradas populares