A CARTA......



Por mais de trinta ano, ela; aquela muller, agardou dia e noite por unha carta, a de seu home que un mal dia embarcara coa esperanza de unha vida mellor para èl e a sùa familia, no corazòn, cos ollos cheos de bàgoas, un nu na gorxa que non lle deixou dicirlle canto a amaba, e aquela maleta de madeira atada cun cordel.
Baixo o brazo o bocadillo de tortilla envolto en papel de estraza, manchado xa de aceite.



Por mais de trinta anos cada vez que escoitaba o timbre da porta, baixaba o portal coa esperanza de atopar a carta soñada, a carta esperada, a carta prometida do home, a carta que nunca chegou, a carta que xamais deixou de agardar, porque ela confiaba nel. ela cria nel. Ela amabao, e ni por un instante chegou a pensar que o seu home, a tiña deixado, para non voltar e se esquecera dela. Imposible.





Por mais de trinta anos, a muller foille fiel, esperoulle e nunca desesperou.
Sempre soubo que él tiña que regresar onde ela, e que a carta prometida, tarde ou temprano, un dia chegaria as sùas mans.
Os fillos a chamaban tola, e rian dela.....Papa marchou para sempre mamá.
Baixou por tabaco e ata hoxe......Ria o mais pequeno, que non chegou a coñecer o pai, xa que ainda era un propiecto no utero da nai, cando o pai partiu.
Pasaran mais de trinta anos, cando no seu buzòn, aquela maña apareceu un sobre, que chamou a sùa atenciòn ao travès dos buratos do caixon de madeira.
A cor descolorida do sobre, a tinta do enderezo case que borrosa, a escrita a pluma, coa aquelas forma de caligrafia de redondilla, non deixaba dubida, tratabase da sùa caligrafia, a pesarem do deterioro da carta, o tempo pasado, e a perda de vista, ela estaba mais que segura, que era a carta agardada por mais de trinta anos.
A carta do seu home, con matasello de correos de facia trinta anos.
Na intimidade do seu carto, rasgou o sobre e cas gafas de ver xa postas, deixou que os seus ollos lle trouxeran os soños do home que a chamaba o seu lado, que unha e outra vez lle dicia que a amaba e que lle pedira perdon por marchar, recoñecendo que se sentia defraudado, enfermo, cansado y lamentaba o erro cometido....
Non puido seguir lendo aquela carta datada tan so tres meses despois da partida do seu primeiro e unico amor, porque a vista nublada polas bagoas non lle deixaban seguir, cando veu outro papeliño, escrito a maquina, que caera sobre o chan ao rasgar o sobre.





"Estimada señora, me veo en el triste deber de comunicarle que su esposo, D.Evaristo Fidel Mejuto, de 31 años de edad, de profesion carpintero, y actualmente residente en esta ciudad de Santiago de Cuba, a donde llegó el 21 de Enero del año en curso, falleciò como consecuencia de unas fiebres de origen desconocido, confortado por los oficios de nuestro buen parroco, D.Elias bocanegra, y en compañia de los compañeros y camaradas de la fabrica desde la que le escribo para comunicarle tan tristes noticias, tal y como Evaristo nos pidiò en su lecho de muerte. Descanse en paz, y reciba Vd. nuestro màs sentido pèsame". Antonio España Garcia.,

Comentarios

Entradas populares