OS MEUS MELLORES AMIGOS.





AO PÈ DO FARELO
OS MEUS MELLORES AMIGOS

Hoxe, vouvos contar un segredo, se mo permitides.
Entre as moitas contradicións persoais, polas que arrastro a miña vida, destaca a de ser un individualista recalcitrante, as mais das veces illado en se mesmo, por mor da miña xordeira progresiva, na que cada día me afondo un pouquiño mais irremediablemente.
Agora síntome solidario co xenio de Goya ou Bethoven, aínda que xa queixeira Eu ter unha milésima do seu talento artístico.
Pois sentíndome cada vez mais solitario, e afastado do que o común da xente fai, defende e pretende, e que ven sendo o realmente importante da nosa vida, son nembargante un namorado dos comportamentos socias gregarios; A familia, o barrio, os amigos, os veciños, os compañeiros, xa me comprenden.
Prefiro por riba de todo unha tendiña da miña vila, que unha destas grandes superficies comerciais.
Creo firmemente no valor da familia, o apoio mutuo, a confianza e axuda desinteresada dos pais, irmáns, avós, todos como un grupo ao redor do amor, do cariño e comprensión, no que somos capaces de dar a vida a cambio de nada. O amor manda.
Defendo polo tanto o sistema social fronte o individuo, e velaí tedes a miña contradición, cando cada vez síntome mais individuo illado, e so comigo mesmo.
Neste irreal mundo no que me confundo, penso que os meus mellores amigos, os únicos que nunca me defraudaron, nos que podo confiar plenamente, aqueles os que comprendo e cos que comparto os mais íntimos dos meus segredos, inconfesables, fantasías, e horas de estúpida vacuidade, son sen dubida os libros.
Un libro me permite deixar de ser o cero a esquerda que son, e descubrir planetas ignotos, baixar ata o fondo da terra, ou conquistar continentes e mares descoñecidos, aló polo sur, onde os piratas soterraban os seus tesouros nalgunha illa solitaria, entre grolo e grolo de ron.
Os libros nos enxeñan a historia, e o noso pasado, para non repetir erros .
Os libros nos fan mais humanos, mais sensibles, mais ousados, mais cariñosos, mais comprensivos, ou mais humildes, segundo a historia que nos conte.
Temos libros para rir, libros para chorar e compartir amarguras, ledicias, e tristuras.
Hai libros que nos axudan a ser mais solidarios, menos engreidos, e darnos conta que o noso tempo e como unha bolsa de caramelos, que nos regalan ao principio da nosa vida, e que conforme nos quedan menos, mais os saboreamos.
Temos libros que contan marabillosas historias; os devoramos enseguida. Libros que non comprendemos, e non motivan os nosos sentidos, e non por iso os temos que queimar. O mellor non chegou o noso momento para el.
Pois si, recoñezo con tristura que os libros son os meus mellores amigos, e que demasiado a menudo o paso mellor con eles que con moitas das persoas cas que teño que traballar e convivir a cotián.
Síntoo, pero Eu non son perfecto, son tan so un home corrente da rúas baleiras do corazón que latexa inconformista co que sinte, e adora os libros.
Angel Utrera.

Comentarios

Marina ha dicho que…
Hola Ángel. Permíteme que te conteste aquí. Yo no hago caso de los anónimos, aún no sé por qué no he borrado ese comentario...seguramente lo debería haber hecho. Yo creo sobre todo en la libertad de las personas y opino como tú lo has explicado muy bien en mi blog. Gracias por hacerlo por mí.

Respecto a tu entrada. Los libros... siempre buenos compañeros, fieles, leales, majestuosos, insignificantes, pero todos preciosos y precisos. Yo me enamoro de cada libro que abro...pero como amante infiel, cojo de él lo mejor que me ofrece y voy en busca de otro...así somos los lectores.
Un abrazo y gracias.

Entradas populares