martes, 1 de mayo de 2012

NA VERTICAL DA NOITE

Na vertical da noite o tempo convertese en ausencias dos recordos xa esquecidos e as sombras dos fuxidos; os mortos borrosos silencios para os meus oídos xordos . Na vertical da noite entre los visillos grises do pasado asoma temeroso o principio da nada e o futuro cativo polo feitizo do incerto grao a grao se verte confundido baixo o frío cristal inerte do infinito diante desta morte anunciada.
Na vertical da noite non hai descanso nin suspiros todo é irreal o surrealismo da fame, xeo e sangue cheiro a carne queimada urinas putrefactas e humores gangrenosos dos que viven no opio dos soños e na esperanza. Na vertical da noite os mortos xa no feden son pasado; cinza, po e lama do camiño abandonado.
Nesta vertical eterna da noite na que deambulo como borracho solitario asasino de ilusións e soños do neno que fun non hai saída do labirinto no que me atopo e berro como un poseso consumido pola dor do lume no que me consumo nesta interminable vertical da noite.
Publicar un comentario