TERRAS DE ALBOIO E FURNAS



Nesta terra ingrata e malparida
hai homes enfoulados
dun noxo borroso e avarento
que se adhire a pel
e nunca mais se vai
aínda que che botes
en berros e penicas de sabor a fel
dende a pena dos furados

alí mesmo na cima do aire
onde os cantís do tempo morno
contra os que baten furiosas as ondas
dun mar salgado e ruín
pintado en espuma
e grises irisados polas gotas da chuvia
na que se rompen

cóma-los corazóns dos desterrados ao partiren
as augas frías e as rochas da terra do fin do mundo
na que a xente morre encadeada
ao vento do nordés
e a estéril gaiola de ferro oxidado polo salitre atlántico
da que resulta inútil tentar fuxir


coma dos recordos e o pasado
no que se afunden nun tecer e destecer
os días e as noites; agardando
terras de alboio e furnas.



Comentarios

Mar e Lúa ha dicho que…
Léoo dende fóra de Galiza e pónseme a pel de galiña con algúns versos. Non quero intentar fuxir de todo iso, e axiña apertarei máis as cadeas. Gracias por achegarme a olor do Atlántico cando estou a 1000 km de distancia, precioso poema.

Entradas populares