jueves, 20 de septiembre de 2012

ALOUMIÑOS


Non é só que sen ti non vivo
Non é só que sen ti estea durmido
baleiro, ausente, perdido.
ou tan sequera de morte ferido
é sómente olvido.

Non é que non atope as cousas sentido
as miradas, as apertas de corpos espidos
as bocas ansiosas de linguas e bicos.
Non é que de medo morra
agachado, vagabundo neste delirio.
Non é que te vexas nas sombras escuras
das congostras e dos camiños.


Non é que te bote en falta
e viva do teu alento e nos teus xemidos
nos susurros cómplices de amantes
de amigos.
E que non teño razón
non atopo a vida sentido 
se non estas ti comigo.
Preciso da medicina  que ti és
para o meu corazón fendido
no cansazo das bagoas
da  nostalxia do tempo pasado
dos recordos fuxidos
e dos  aloumiños das pupilas
dos teus ollos prendidos.
   

Publicar un comentario