EU COMIGO MESMO.


 

A necesidade de abrazar os tempos mortos
converteuse dia a dia nunha rutina;
atrapado nela
como nunha maraña de silvas e toxos
na que devagar
o pano de sombras vermellas
envolveunos no doce e sereno veleno
de cereixas e verán
polo que deixamos estragar aqueles días
de nenez e inocencia.
 
 

Os recordos ficaron mornos
nun aceno do vento nordés
ao fuxir entre os tamuxos dos pinos secos
tralo lume en cinza pervertido.
E  daqueles xogos de amor primeiro
fundido en beizos que bicar  furtivos
so quedou a esquiva sombra do cativo.
¿Acaso sucedeu o foi tan so un soño?

 

Maña ao espertar
ollarei trala ventá fría do cristal espido
o que non foi, non sucedeu xamais
o abismo do alivio
o negro betume na beirarrúa do camiño
a soidade; Eu comigo mesmo. 
 

Comentarios

Entradas populares