A RAZON DOS XENERAIS .

 
A maña chegou como un estoupido
Semellaba  un daqueles  foguetes os que lle daba lume no cabo da mecha
o Ferrnando nos días grandes da festa do Santo
e subía ata o infinito do ceo antes do estoupido final agardado pólos rapaces
para correr na procura do carrizo e  o cartucho de cartón
 cós restos da  pólvora queimada,
 trofeos incuestionables para os mais ousados de nos .
O dia abriu  en berros, e malos augurios
En golpes sen sentido e empurróns
En portas e pechaduras estragadas póla barbarie
E o son das pegadas das botas de coiro dos soldados
Nas lousas das rúas baleiras da aldea.

  
 

Os homes abrían os libros en canal
Coa violencia de quen esfolla o maínzo
Procuraban a espiga baleira
Sen saber que naquela penica que esbotaban
Estaba escrito o motivo do seu odio irracional,.
Como bolboretas éntrelas follas dos nabos e nabizas
Como as pitas picoteando nas verzas na procura das miñocas
Soterradas na terra
Así entraron nas nosas casas violentando a paz
 e o calor das das consciencias humildes da xente
dos homes e as mulleres, dos fillos en bagoas  aluminados
en sangue e morte atormentados xa para sempre
porque eran os vencedores e os vencidos.

  



Do rostro de meu pai
Ninguén esquecería xamais o brillo inconfesable
 do que acaba de ver nacer  a desesperanza e a derrota
onde nunca antes a soñara.
Porque o único desexo dos invasores era destruír
Destruílo todo as ideas e os soños de liberdade
A esperanza que construíron durante anos de mortos
Os pais dos seus pais, os avós dos avós.
  

 

Mortos de esforzo, nas costas vencidas de dor e sangue
De frustracións e soños rotos.
Todo aquilo quedou estragado baixo o peso das súas botas de ferro e chumbo 
A razón dos xenerais.
  

Comentarios

Entradas populares