CREPUSCULO.



Estou afeito a convivir comigo mesmo

no crepúsculo,

na raia, no limite entre a luz e a sombra

do horizonte,

a linde mais negra e hostil do que ninguén coñece.

Vivo no derradeiro andar do tempo

na estación do outono

sentado nas escalinatas destes días grises e brumosos

onde as arbores espidas de follas e recordos

treman e pingan na inquedanza das dubidas mais frías.



O intre do crepúsculo no é doado

so podes estar seguro de que o sol da noite está morrendo

e que a vila esmorece de brétemas e desidia

mais alá do presente,

sen futuro

e nos recordos da xente

esquecidos para sempre.

Loito e berro por prender as luces

rachar a negrura da morte

facer brotar as flores

Mais impotente deixo que os meus ollos

mollen as pedras do chan

en bagoas quentes

roubadas de corpos traslucidos e intermitentes.


Achego a miña man a fiestra inimiga

e os vidros fenden e me fan sangue que non mana

porque coma os tebregosos osos do mais alá

xa non existe nada

tan so na mente do crepúsculo vermello

a idea permanente da negrura.

O crepúsculo.

Comentarios

Entradas populares