O FORMIGUEIRO......

 
 
O planeta esta cheo de formigas negras.
Nacen, viven, se reproducen e morren.
Viven en destartalados e enormes buratos
buratos labirínticos dos que resulta imposible saír
Non hai quen de atopar o camiño correcto
e fuxir lonxe, escapar sentir o ar fresco
límpido, puro dun novo día.


 
 
As formigas viven e se podren na lama putrefacta
destes buratos sen fondo no que cren vivir felices.
Para saudarse se tocan cas súas antenas negras
tamén as usan para despedirse
para comunicarse novas de interese
ou transmitirse información vital para a colectividade
para o ben común de formigueiro
tal e coma a eles mesmos lles gusta repetir
para sentirse útiles, e imprescindibles as outras formigas.
Aínda que soen compartilo todo
tamén as veces algunha resulta egoísta de mais
e garda para si, por exemplo
a descuberta dunha boa fonte de alimento,
un terrón de sucre,
un anaquiño de pan
pequenas miserias e egoísmos. 


 

Nas épocas de escaseza
as formigas loitan pola comida,
e case que sempre as palleiras terminan baleiradas
e vense na obriga de saír a roubarlles o alimento
as outras formigas veciñas
así e como comezan as contendas e se crean fronteiras
claro que coma son tan pequenas
e non teñen osos
poden pasalas por entre calquera dos buratos da madeira podre
destas estúpidas barreiras
creacións e artificio dos formigones ao mando das guerreiras.


 

As formigas son moi xenerosas e gregarias
Precisan do calor e do contacto case que permanente
das outras, das compañeiras formigas.
Ainas, obreiras, e raíña unha soa claro
e a que ten a capacidade de poñer ovos,
curiosamente sen practicalo sexo,
elas so perden, co gusto que da e nolo usa.
Claro que tampouco hainas formigos e formigas
así que non sei como ían facer
nin onde ian meter, os formigos as formigas, digo
a súa cousa, ou membro se o tiveran, naturalmente.
Estes ovos no formigueiro
chegado o tempo hanse converter 
en milleiros de novas formigas
Así que se morren cen, non pasa nada,
ainas a miles nas celdiñas, agardando o seu intre
Eu vivo no quinto piso dereita do meu formigueiro
de cemento e cristal




Eu son tan so unha mais
das formigas obreiras invisibles
caladas,e inútiles  que malgastan o tempo de vivir
O planeta esta cheo destas formigas, estúpidas.
Nacen, viven, se reproducen e morren.
O seu mundo e tan so un túnel neste formigueiro sen fin
No que non se pode ver a luz da saida, porque nola hai
E no que cremos vivir un soño de felicidade irreal cara a morte
A final defintivo.  
 (Fotos de Sara Saudkova- Pabel Kiselev- Atuschi Suwa y Pedro Costa):

Comentarios

Entradas populares