NO PAPEL QUE MUDO ESCOITA....BALDOMERO IGLESIAS (MERO)

Se tes que chorar, chora
Desafoga en liquidámbar as ausencias que te mancan
Fai danzas as súas fantasmas
sobre os brilos do sol en cada bágoa.
Expresa en mudas verbas as nostalxias.
Mais, se podes, aprende a non chorar
e vence as mágoas.
Mira máis alá do que ven teus ollos,
busca a través da transparencia
no alén do ceo azul
que algún dia ascenderá o horizonte
porque o amor vence a morte
e insiste na esperanza e a preserva.
Aposta polo sosego
que tras das noites espera:
onde menos se conta, está a sorte.

(NO PAPEL QUE MUDO ESCOITA.Tratase dun poemario de mais de 360 poemas, case que un para cada dia do ano, ilustrado con debuxos de Sabela Arias, e no que hai un pouco de todo; xentes, sentimentos, afectos e desafectos, lembranzas e paisaxes  ....a vida a seguir. Recollidos por este musico, poeta, boa xente que traballa,sofre, ri e sementa coa suor e as bágoas dos ausentes

Comentarios

fus ha dicho que…
Espero que sea todo un èxito.

un abrazo

fus

Entradas populares