A CIDADE INVENTADA.


Unha vez, alguén faloume dunha cidade inventada
baixo as augas salgadas dos océanos vermellos
alá no fondo escuro e abisal agardaba por nos
lonxe, mais lonxe da liña borrosa do horizonte espido.
Seica os edificios son de sal
coma cristais ardentes de coral quente.

Contoume, que nas rúas non hai xente a berrar
que as follas das arbores no son verdes 
os rosais non teñen espiñas
e os paxaros nadan en lugar de voar
e fan burbullas coma pompas de xabón
cos seus trinos de sereas cando deixan fuxir
os seus soños.






Comentarios

Entradas populares