EMIGRANTES (ARTIGO DA SERIE "AO PÉ DO FARELO", PARA FARO DE VIGO)


 AO É DO FARELO
EMIGRANTES.
Agora que temos de novo ante nos un longo período electoral volvese escoitar falar do que no seu dia deuse en chamar "A Quinta Provincia".



A historia da emigración é tan consubstancial ao Pais, coma o verde das nosas leiras, por elo as historias de emigrantes e emigración está tan integrada na vida das nosas aldeas, lugares, vilas, como as pegados dos que o longo do tempo nos foron deixando, mais aínda cando nos últimos anos esta sangría volve a ser a crúa  realidade dos nosos fillos, que aquí non teñen futuro, nin presente. Mobilidade exterior a chaman agora estes fantasmas do Goberno do PP.



¿Quen non ten na historia da súa familia, coñece, ou escoitou falar dun amigo, un veciño, o avó,  o pai de quen sexa, que tivo que emigrar e xa non regresou nunca mais a súa terra?.
Xa dende o século XVI os nosos devanceiros marchaban da casa os campos de Castela, coma ben deixounos retratado Rosalía nos seus poemas; Castellanos de Castela tratade ben os Galegos, cando van, van como homes, cando volven.....
Andalucía, Estremadura, Portugal, despois ó longo dos séculos XVIII e XIX, como ben da conta a toponimia de moitos lugares da Península Ibérica; Campaneira, Pampaneira, Capileira,nas Alpujarras ou no Val de Xalima, Trevejo, Eljas, Valverde, lugares onde aínda hoxe se conserva "A Fala", tan próxima a nosa lingua, si esa mesma que estamos a asasinar dende ben arriba cara abaixo entre todos e por la que senten respecto e agarimo coma reliquia sagrada, tesouro da súa historia e cultura, a que aportaron os Galegos, coa súa sangue, tan lonxe do terruño.
Despois da ignonímia salvaxe dos militares sublevados contra o lexitimo goberno da República a nosa gran guerra fraticida,  foi América a que abriunos os brazos de par en par, Arxentina, Venezuela, México, eles foron os garantes da cultura, a lingua a historia, que os vencedores aquí se empecinaron en aniquilar a golpe de fusil, pisando coas súas botas de ferro calquera intento vano de rebeldía. Comprace e sorprende comprobar como tan lonxe da nosa terra, en Bos Aires, aínda un numeroso grupo de fillos e netos de Galegos, conservan e defenden dende o Terzo da Fala, o que é tan noso. E cada mércores se reúnen no Centro Lalin-Agolada-Silleda, para recuperar aquelas tertulias doce de amigos en Galego. Impresiona que aínda hoxe exista e continúe co seu traballo incansable o chamado Lectores Galegos de Bos Aires, xente animosa que busca vincular a nosa lingua o mundo da cultura, a comunicación e a literatura. E dende logo que nos debe facer meditar a existencia dun Departamento de Lingua e Literatura Galega do Instituto Santiago Apóstolo, entre outros.
Todos eles herdeiros dos ensinos de Castelao, Alexándre Bóveda, Vicente Risco, Otero Pelayo e do amor a Terra que non se pode esquecer, malia que dende os que poden e deben defendela se faga o contrario, pisoteala e desprezala coma algo residual.
Emigrantes anos mais tarde en Europa; Francia, Suiza, Alemania, sempre coa maleta de madeira ao lombo, o bocadillo de tortilla e a morriña que tinguía os ollos en bágoas. Esta é a historia deste pobo incansable que non se pon de xeonllos, pero que cala, cala e cala.







Comentarios

Entradas populares