BICOS.-(Poemario de Xose Vazquez Pintor)

BICOS.-(Poemario de Xose Vazquez Pintor)

Os bicos son
o primeiro que se dá ou que se pide
cando hai amor....¡¡




No seu nuevo libro de poemas "Bicos"  o autor recolle ata  33  poemas en clave infantil. A sua  Galiza  interior vai ser a protagonista xunto cos animais propios da zona dos que os rapaces e rapazas gustan e descubren a par que o mundo exterior que os rodea e conforma o seu mundo interior de soños e fantasias, ledicia de vivir, tales  como a vaca, o zorro ou o cabalo.. Nas ilustracions fermosisimas e unha moi importante parte do traballo que mostra este poemario  colaboran 20  artistas, pintores e ilustradores galegos de reconocido prestixio, amigos todos de Vazquez Pintor, como Xulio Garica Rivas, Heitor Picallo,Damian Paio, Ramiro Cimadevila,Camilo Caamaño Xestido ou Jose Antonio Fondevila
Todo un luxo e un pracer paralos sentidos, polo ritmo, dozura, delicadeza e musicalidade dos poemas, e o colorido case que infantil das ilustracións, que acompañan e realzan os poemas mesmos, a casiña da memoria da nosa, da de todos, da de Vazquez Pintor que aínda soña cos bocadiños das palabras, as imaxes do seu ceo de neno labrego que pedrou nas chairas dos campos e leiras, ao pé mesmo de Farelo, para mudar o beira do noso oceano, e mergullar na cor esmeralda dos futuros da palabra e a vida que vendemos mais alá deste triste presente que nos esán a presentar dia a dia .



Xosé Vázquez Pintor, poeta, ensaísta, dramaturgo, narrador empedernido, mestre de lingua e literatura Galega, nace en Melide, nas terras do medio, coma a el mesmo lle gusta denominar a sua casa de orixe,  o 30 de Novembro do ano 1946 e  reside en Cangas do Morrazo dende o ano 1972.
Colaborador habitual de prensa, e medios de comunicación en xeral, foi fundador do grupo de teatro Ancoradoiro en 1982, e ten a honra de ter obtido diversos  premios, entre eles  O Carvalho Calero, e o Torrente Ballester, polo libro “Quen faga boar, ano 2000  e a “Memoria do boi”no 200l. No campo da Poesía, Banzados, premio Uxío Novoneira , Na Vertical da noite, premio Cidade de Ourense, e No Corazón mancado, premio Esquío, Entre as obras mais representativas do pensamento de Vázquez Pintor, podemos mencionar as narrativas; De ida e volta, Lume de biqueira, Mar de bronce, Lira, -premio Vicente Risco, “Os Vellos oficios” (1996), A tribo Sabe (1999), Tal era Vivir (2004).  Nos últimos tempos, tamén foi galardoado co nomeamento de Académico da Real academia da Lingua Galega.
As súa ultimas achegas as nosas mesillas de noite foron, un unha nova incursiòn  da sua poetica, co poemario;  Seara, a novela  para Dicir Abril, o tributo e recoñecemento a gratitude da sua Melide “ A Terra do Medio, onde recolle os mais íntimos  recordos do seu devatar doce cos ollos sempre abertos e a curiosidade innata dun neno, por este Pais pequeno noso e de remate quentiño ainda a recolleita das Columnas de papel,  antoloxia dos artigos deste polifacetico escritor afincado en na beiramar de  Cangas, pero sen esquecer nin renunciar as asperas e agreas terras do medio, a casa dos ancestros e a historia viva na memoria dos pobos.  Nesta ultima entrega de Vazquez Pintor se recollen unha variopinta serie dos seus  escritos  en diferentes medios de comunicacion, o longo dos anos 1987 a 1993, ainda queda pendente a segunda entrega dende aquela a hoxe. E que o autor agrupa baixo o lema “A lingua e outras vidas”.
E agora dende xa nas librerias, este Bicos.(Poemario de nenez especialmente escrito paralos seus netiños mais pequerrechiños;Alan e Brais)
Obra literaria:
Poesía: Gándaras (1971. Ed. Celta), Terra e pan (1975. Ed. de autor), O espertar tamén é noso (1977. Ed. Do Rueiro), Ofidios de diario (premio Eduardo Pondal, finalista das Xustas Literarias de Galicia, 1984. Ed. Do Cerne/Minor), Na vertical da noite (premio Cidade de Ourense, 1989. Ed. Concello de Ourense), No corazón mancado (premio Esquío, 1989. Ed. A.C.Valle- Inclán, Ferrol), Rotación violeta (Ed. Espiral Maior, 1996), Banzados (premio Uxío Novoneyra, 2000. Ed. Espiral Maior), Seara (obra poética 1971-2011, Espiral Maior)
Narrativa: De ida e volta (1975. Ed. Castrelos), Lume de biqueira (1999. Ed. Xerais), Quen faga voar (premio Carvalho Calero, 2000. Ed. Laiovento), A memoria do boi (premio Torrente Ballester, 2000 e premio da Crítica Española, 2001. Ed. Xerais), Mar de bronce (finalista do premio Blanco Amor e dos premios da AELG. Ed. Xerais, 2003), Para dicir abril (premio Cidade de Ourense, 2007. Ed. Sotelo Blanco), Máis vidas (2009. Ed. Espiral Maior), Antípodas (2013. No prelo. Ed. Xerais)
Narrativa infantil: A folla seca (2003. Ed. Sotelo Blanco. Ilustración María Lires)
Teatro:  A parroquia (finalista do Premio Abrente, Ribadavia); A fraga encantada (finalista do Premio de  Teatro infantil “O Facho”1987); Sala de espera(1990-Ed. Fervenza); A sombra da memoria (finalista do Premio Rafael Dieste, 1999- Ed. Fervenza); Asubío, Fina e Petra eran xente moi lareta (2006. Ed. Everest Galicia. Ilustración Andrés Meixide); Teatro do patacón-Os pés do vento (2008. Ed. Fervenza), Entrando en voz (inédita), Nos espazos do soño (inédita). Creador en Cangas dos Grupos de Teatro Amador “Ancoradouro-Mimo” e “Casa da Bola”.
Viaxes Literarias: A Terra do Medio (2009. Ed. A Nosa Terra)
Ensaio: Os vellos oficios (1996. Ed. Xerais), A tribo sabe (1999. Ed. Xerais), Tal era vivir ( 2004. Ed. Xerais).
Tese: ”Xosé Vázquez Pintor, la memoria que reconstruye un mundo”. Yanelis Velazco Fajardo. Cátedra de Cultura Galega. Facultade de Artes e Letras. Universidade d´A Habana. Editorial Arte y Literatura (La Habana, 2007).
Xornalismo: Columnas de papel. Volumen I (Ed. Morgante. Rinoceronte Editora SL, 2013). o escritor radicado en Cangas subscribiu en” e que vira dos artigos que o escritor radicado en Cangas en diversos medios –boa parte deles neste mesmo xornal-, que agrupa baixo o título de “A lingua e outras vidas” e que viron a luz orixinalmente entre 1987 e 1993, á espera doutro volume que completa este camiño ata a actualidade.







Cuestionario parcial realizado no mes de Marzo do ano 2013 parte dunha entrevista persoal o Escritor, na súa casa de Agolada.... 









A).A Persoa.-
-¿Melide, Agolada....Ou Cangas?. Fálenos das tres. ¿De onde e vostede realmente?. -Nace en Melide, no 1946. ¿Qué recordos ten daqueles tempos?.¿Ata cando esta ali?.

1.-Nacin en  Melide; na Rúa do Convento.Pasei ali os cinco primeiros anos anos da miña vida. Estrelos meus recordos primeiros, os corredores da galería da tenda onde o meu pai ganduxaba os traxes de voda e de festa. E a miña nai sorría con cada centímetro do seu neno, fillo único, que gastaba “tirabuzóns” e visitaba a miúdo a tenda da señora Anuncia, que era a dos aparellos para vestir as égoas e todos os équidos do mundo que me cabían na ensoñación e na cabeza. E os bicos da madriña e do padriño (Pilar e Xulio); e os da mamá Dolores, a miña avoa da Ponte de Penas.

-Marcha cara Agolada, e seu pai monta unha xastrería....Fálenos de aqueles anos. Onde estudiaba, a que xogaban, como era a xente, que recordos ten de Quian e a casa da familia?.

De Agolada podemos falar  da tenda do comercio de roupa da miña tía Concepción, que tamén era a nosa. Os “coches de línea” Lugo-Vigo, nominados en letras ben grandes “Gómez de Castro”; que paraban tres ou cinco minutos no “Bar Aurelio”; e nós queriamos ver e saber quen baixaba ou subía; e sobremaneira como os “revisores” dicían, ollando cara o ceo : “vamoonóóoooos”. E corrían uns poucos metros detrás da porta aberta, que pechaba de seu definitiva ata Cadrón, Moimenta, Goiás, Lalín, Vilatuxe, Laro…, e en pasado o Candán: xan nin se sabe; ata chegaren eles, nunca nós, ao mar de Vigo, “que era o mar mellor do Mundo”-escoitabamos dicir a aquel “señor juán da morena”-agente exportador de gente para américa. E os pendellos: que nunca eran nosos unha vez no mes, o día doce, que eran da feira máis grande do mundo: “mimadriña, canta xente e coches e animais e pulpo (así diciamos) e o cegho, e abelardo de berredo e a sorte do paxariño, e o rebusque e as rosquillas; e aquelas medias de algodón, tan femininas, que mercamos para vestir distinto nun partido de fútbol polo san pedro, cando viñera a equipa de rodeiro para xogarmos no vello campo “d´O Hospitalillo”. E a escola da Eva, onde aprendín a ler e “os múmeros”; e a do Ernesto e a do Galego…E cando apareceran os nove anos de idade…outra volta a Melide, na casa da tía María, para estudar ingreso e primeiro, e segundo, e terceiro de bacharelato na “Academia Balmes”: e saber que A Coruña existe. E ver o Mar do Orzán, e Riazor, o “estadio”, o Instituto Masculino (“las niñas con las niñas, los niños con los niños”, era a normativa contra o con-tacto e o con-taxio). E sempre nas vacacións e máis mellores días e meses; horas de ensoñación: Quian! E ser neno coas vacas. E cabaleiro da égoa. E dono das ovellas e do can “pichín”, e das galiñas; e dos figos, e das uvas, e das mallas, e das festas do verau en carmoega, brántega, cercio, cancelas…Labrego neno, xove. Feliz aquí: xogar coa pelota calquera no soutiño, na carballeiriña de xirón: batendo en case sempre co corpo ou coa memoria nas árbores; marcando un gol por baixo da corda; facéndome famoso coma Amancio e Veloso. Soñar o Paraíso.
-Na súa novela para Dicir Abril, a protagonista e unha muller, toda a historia verso o redor do mundo feminino. ¿Non lle parece  arriscado, ou  cando menos presuntuoso, falar dende o punto de vista dunha muller, un home coma vostede.
¿Cal  é a súa relación cas mulleres. ¿¿Cal foi a súa primeira moza?. ¿Qué significa para vostede “a nai”, a  “esposa, a “compañeira.

3.- esta novela é a máis arriscada, certo. foi una ousadía literaria e de contido profundo. Un exercicio de risco navegar polos mundos que non se corresponde co meu sexo nin coas miñas circunstancias. Voan as imaxes cando non hai memoria nin testemuñas nin rastro nas distancias. O aparente vaise converter en esencia, fundamento, exercicio e exército a un tempo das vindicacións do “sexo maldito”. Velaí quixen labrar eu o acto solidario por esta circunstancia vital. E púxenme na pel e nos adentros da muller distinta e diferente. Unha camiñadana que andei feliz, coma incendiario, prantando as fogueiras do cariño aquí, alá, aló e acolaló. Sen medos.
A miña relación coas mulleres sempre foi e será de afecto, de admiración. A miña nai é una presencia permanente: nela vivo nas horas da derrota e da ledicia. A súa ausencia dóeme como hai agora 22 anos; e viaxo ao alenmar con ela polas atmosferas da ensoñación e do cariño. O meu pai tampouco é alleo a esta miña gratitude: un home íntegro!
A miña primeira moza xa non está, mais están os seus ollos grandes nos espellos de referencias que sempre fican.
Nai, esposa, compañeira?: agradecemento, cariño, lealdade. E nas tres palabras que son carísimas no ser humano un só resultado de por vida: a marabilla!
-¿Cando e porque comezou a escribir?. ¿Recorda cal foi a súa primeira obra, .¿Prosa ou poesía?.¿Cal é o seu primeiro recordo como ser humano, como persoa. Remóntese nos tempos.?

Cando era un neno grande. Lembro os once e doce anos navegando coas palabras coma luces, na procura do remate feliz dun verso, dun pequeno poema, dunha carta de amor…nunca as despedidas!
O primeiro recordo como persoa feliz está nas brincadeiras cos meus pais na casa de Melide, xogando con eles ao “correquetepillo”, así de “todo xunto”; a axiña despois aqueles primeiros anos en que cruzaba a rúa para ir sen couto na procura das albardas e dos cabaliños de mentira: a tenda da señora anuncia, que sorría trala porta que sempre se abría. Era o último ano da década dos cincuenta, no século XX! Xa choveu, e sempre escampa.........
A entrevista continuaba daquela nun ton intimisma e moi persoal........
Angel Utrera.


Comentarios

Entradas populares